|
 
No INVERNO celebrámo-lo Nadal. "... están os campos
nevados, a xente xunto as lareiras, os gandos encortellados
e os capós nas capoeiras..."
|
|
Os avós ó pé do lume das lareiras contan lembranzas ós seus
netos: |
| ".... Parece
que podo ulir aquel bacallao con repolo que preparaba miña
nai. Non tiñamos turróns, nin polvoróns, o postre rei eran
os bolicos doces..."
"...A matanza do porco facíamola no Nadal. Non faltaba un anaco de carne na
mesa... Na nosa casa fartabámonos de rir cos cantos de
Reis. Viñan
tódolos anos..." |
|
"....O meu pai, polo Nadal, botaba un cachopo na
lareira pero non o deixaba consumir de todo. Ese
cachopo gardábase e acendíase para defendernos
dos males noutros momentos do ano."
|
|
|
| "...O tempo de Nadal é
frío e ventureiro. |
| Noiteboa. ¡Se hai
leña no unlleiro! |
| chegarán os Reis á
entrada de Xaneiro" Manuel María |