<logoxunta>
   

AUDITORIO SALA DE CONCERTOS MARTÍN CÓDAX

O Conservatorio Superior de Música de Vigo e considerado o máis dinámico de Galicia pola súa traxectoria e pola súa actividade cultural que desenvolve no seu auditorio "Martín Codax".
Dende a inauguración do auditorio en 1995 pasaron diferentes personalidades da música e da cultura: Teresa Berganza, Jan-Ives Thibaudet, Carmelo Bernaola, Tomás Marco, Cristobal Halffter, Luis de Pablo, Michael Chance, La Reverdie, David Russell, Alfredo Aracil, Xavier Montsalvatge, etc.
Posúe a súa propia programación estable, os Xoves musicais e o Ciclo de xoves intérpretes, e cada ano o Festival "Are-More" que centra a súa actividade de música de cámara e música antiga nesta sala, que ademais e sede permanente dos concursos de Xuventudes Musicais, con quen realiza unha programación estable: Tribuna de Xoves Intérpretes, etc. Colabora habitualmente con Caixa Galicia (Intercambio co conservatorio de Praga) e a Fundación Pedro Barrié de la Maza (Ciclo de Xoves Intérpretes).
     
.../...
 
Conservatorio Superior de Música de Vigo •Manuel Olivié, nº 23 •36203 VIGO
Telf: 986 471144 • Fax: 986 481 807 • cmus.vigo@edu.xunta.es