O Conservatorio Superior de Música de Vigo posúe unha biblioteca que conta con 3000 partituras e 750 libros, con servizo de préstamo e consulta en sala. Tamén dispón dunha pequena fonoteca con varios postos de escoita así como varios puntos de acceso a internet a disposición do alumnado.