O Conservatorio Superior de Música de Vigo conta con tres edificios diferentes construídos en distintas épocas. Albergan 47 aulas, que inclúen aulas instrumentais, de materias colectivas, de Música de Cámara, de Orquestra, de Informática, así como un Laboratorio de Electroacústica. Dispón tamén de 8 cabinas de estudo, a disposición do alumnado.