O Centro CPI de Atios, código 15018148, está situado na rúa San Sadurniño nº19 do Concello de Valdoviño, na provincia de A Coruña e número de teléfono 981-487700, número de fax 981-487063 e correo electrónico cpi.atios@edu.xunta.es.
O número de traballadores (persoal docente e non docente) é de 51 mentres que o dos alumnos é de 400, repartidos entre os alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
O CPI de Atios consta dun edificio de 10 m de altura (tres plantas) e un ximnasio con ocupación só para actividades educativas.
As vías públicas que delimitan o centro son a rúa de San Sadurniño de 8m de ancho, dotada de beirarúa e arcén nas dúas beiras e dous sentidos de circulación para vehiculos, e a rúa do camiño do campo de fútbol de 5m de ancho, sen beirarúa e sen arcén e un sentido de circulación.
 |