A superficie do soar é de aproximadamente 10.000 m 2 mentres que a superficie dos edificios é de aproximadamente 3000 m 2 , repartidos nun edificio adicado á docencia que foi remodelado e ampliado recentemente, dous patios cubertos, un ximnasio e conta cun campo de fútbol, do concello, próximo.
O centro sitúase na zona alta de "O Graño", na ladeira da montaña con vistas á Lagoa da Frouxeira (espacio natural protexido), afastado do centro urbano e preto do Centro de Saúde e da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño.
Compre salientar a presencia dunha antena de telefonía móbil Vodafone a aproximadamente 20 m do centro. E outra de Telefónica a menos de 200m.
En canto a metereoloxía, son dominantes os ventos do nordés que moitas veces veñen acompañados de choivas de maior ou menor intensidade. Debido á proximidade ó mar, non se recollen precipitacións abundantes en forma de neve, nembargantes a pluviosidade é considerable durante todo o ano.

Ortofoto da situación xeográfica do CPI ATIOS |