Os que se mostran nos planos das diferentes plantas, segundo localización no edificio.
Os alumnos de Educación Infantil deberán ser concentrados na marca de Punto de encontro de Educación Infantil, saíndo de forma exclusiva pola porta para eles asignada. So no caso de que estes alumnos estean utilizando as aulas de informática ou a Biblioteca na segunda planta, estes deben dirixirse de xeito controlado polo corredor ata a porta de emergencia do fondo do pasillo e unha vez nos patios do centro dirixirse polo exterior ata o punto de encontro de infantil acompañados polos seus profesores, cruzando o aparcadoiro e entrando pola porta de nova instalación do recinto de xogos de infantil.
Os alumnos de Educación Primaria da planta baixa sairán ó patio cuberto polas entradas e saídas dispostas por proximidade da súa aula e concentraránse no Punto de encontro de Educación Primaria situado ó lado do ximnasio. Os alumnos de educación primaria que saian da primeira planta baixarán polas escaleiras de acceso ó patio cuberto e tamén concentraranse no mesmo punto de encontro. Os alumnos de Educación Primaria, que se atopen nas aulas da segunda planta (Aula de música, informática ou biblioteca) deberán proceder a súa evacuación pola escaleira do fondo do corredor e unha vez abaixo dirixirse ó punto de encontro cos seus compañeiros.
No caso dos alumnos de Educación Secundaria que se encontren nas súas aulas da segunda planta baixarán polas escaleiras centrais ata o patio da cafetería e se dirixirán o punto de encontro de Educación Secundaria. Os alumnos deste nivel que se atopen na primeira planta (Aulas de plástica, tecnoloxía e ciencias), deberán dirixirse pola escaleira do fondo de corredor o Punto de encontro de Educación Secundaria . Así mesmo, os alumnos que estean na segunda planta pero na parte do edificio máis nova, (Aulas de música, informática ou biblioteca) sairán pola escaleira do fondo do corredor ata chegar ó punto de encontro.
No caso de corte do suministro eléctrico as vías de evacuación están debidamente iluminadas. |