::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
OS ESCRITORES DE MIRANDA
Lingua Galega / sábado 11 de novembro do 2006
 

Houbo un tempo no que as xentes se sentaban, mirando as estrelas no verán e quentando as mans no lume no inverno, mentres contaban historias: vellos contos dos que xa ninguén sabÍa a orixe ou o autor. Trasnos pillabáns, fermosas e perigosas lumias, nubeiros malvados e lobishomes eran (entre outros moitos) os seus protagonistas e formaban parte dunha rica cultura popular, que buscaba nos mitos e nas lendas non só unha forma de entreterse, senón unha explicación do mundo.

Naquel tempo, houbo un neno que escoitaba de verdade a todos os sabios e sabias, contistas e soñadores que coñecÍan os segredos deste mundo. Chamábase Álvaro Cunqueiro e aprendeu a soñar e a imaxinar o fantástico mundo das súas novelas e relatos en Mondoñedo, a silandeira cidade do val, dende a que se albisca o convento dos Picos e na que foi executado o Mariscal Pardo de Cela no ano 1483, despois de ser vencido na Frouseira. AlÍ, se conserva a ponte “Do Pasatempo†na que, segundo a tradición, a dona do amentado mariscal foi entretida para non entregar a tempo o indulto concedido polos Reis Católicos ao seu home.

Non sabemos cando don Álvaro, ou foi quizabes xa no neno Álvaro, empezou a imaxinar ao mago MerlÍn e a raÍña Xenebra vivindo na súa cidade natal rebautizada como Miranda... O certo é que en 1955 publicou a novela MerlÍn e familia na que o mago, comodamente instalado alÍ, resolve os problemas dos seus visitantes.

Do que si estamos certos, é de que o neno Cunqueiro escoitou falar dun médico animoso, barbudo e idealista; elo importante na cadea de mitificación (que vai do ferrolán Benito Vicetto ao cambadés Ramón Cabanillas) do Mariscal Pardo de Cela: Manuel Leiras Pulpeiro, morto en 1912, un ano despois do nacemento do home que trasladou a MerlÍn a Miranda. Á súa obra Cantares Gallegos (1911) pertencen os seguintes versos:

¡Campana grande dos Picos,
moita señardá me das!
Pero por min, si eu mandara,
cada hora habÍas sonar!

Finou Don Álvaro o 28 de febreiro de 1981. Finou o xornalista, o poeta, o dramaturgo, o gastrónomo, o mozo Álvaro que publicou en 1933, influenciado polo surrealismo, Poemas do si e non:

Ela andaba á beira da súa fiestra, ¡tan cursi!,
que tiña laranxas verdes e un abano con paxaros!

Hoxe, vinte e cinco anos despois do seu pasamento, a mellor homenaxe é lembrar as súas palabras:

Se de min algún dÍa, despois de morto, se quixera facer un eloxio e eu estivera dando herba na Terra Nosa, poderÍa dicir a miña lápida: aquÍ xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis.

Para saber máis :
http://www.culturagalega.org/especiais/cunqueiro/index.htm
http://www.editorialgalaxia.es/exposicions/merlinefamilia.php


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft