Este libro pareceume moi interesante e entretido, a pesar de que é moi triste debido á situación na que vive Balbino. É un rapaz moi intelixente e moi noviño, pero a maneira en que expresa as súas ideas e pensamentos demostra que é moi maduro e sensato. A pesar do novo que é, preocupase pola situación económica dos pais, e nun capitulo, di que el, aínda que é un neno e lle queda moita vida por diante, sente mágoa por seus pais.

 

Tamén me interesou o libro porque a situación de pobreza que está a vivir Balbino vivírona os nosos avós, porque nos achega á vida e sufrimento polo que os nosos parentes pasaron. Con este libro podemos apreciar a sorte que temos hoxe en día . O que se conta no libro é totalmente diferente á que podemos vivir na actualidade. Un exemplo témolo nos nenos. Antigamente os nenos non podían estudar porque os pais non tiñan diñeiro para costearlle os estudos, pero na actualidade é ao contrario, a maioría das familias dispoñen do diñeiro suficiente  pero eles non teñen ganas de facelo e malgastan os cartos, malgastando non soamente a súa adolescencia senón o seu futuro. Hoxe en día as persoas non apreciamos a sorte que temos.

Hai moita xente na actualidade que está a vivir a situación de Balbino, e nos que temos sorte a forma que temos de agradecelo é o vandalismo e incendios provocados e moitas outras cousas que fai o ser humano que non teñen sentido. O peor é que este problema reside na mentalidade da sociedade que non se decata de como foi a vida dos nosos avós, que pasaron necesidades para poder saír adiante, xa que hoxe en día vivimos nunha sociedade consumista que non se decata da sorte que temos.

           

            O capítulo que máis me gustou foi Pachín. Pachín é un can que lle deran a Balbino. Balbino tivera moitos cans, pero Pachín era especial, diferenciábase de todos os demais. Balbino non vía a Pachín como unha mascota, senón como un amigo co que compartía todo tipo de momentos e sentimentos. Xuntos formaban un grupo.

            Un día Balbino, descubriu o agocho dun raposo. Para acabar con el, colocan veleno nas galiñas que tiña o raposo no seu agocho e así matalo. Pero non é o raposo quen caeu na trampa, senón Pachín.

            Gústame este capítulo, pareceume moi bonito, porque Balbino, un neno pobre, ten a sorte de contar cun verdadeiro amigo, Pachín, pero a vida arrebatoullo.

 

Opinións das lectoras de 3º ESO

Rocío Boquete

O libro gustoume moito, pero dábame moita pena Balbino, porque...

María José Fernández

Este libro non me gustou moito...

Marta Fraga

O libro gustoume moito e o feito de que fose o primeiro do club, fixo que me gustase aínda máis...

Lydia Pardo

 O libro gustoume moito. A maioría da xente de hoxe...

Natalia Picón

O libro gustoume porque non se parecía aos que lin ata o de agora, e non sabía...

Leticia Rodríguez

Dábame moita pena cada vez que lía...

Tatiana Seijo

Gustoume o libro porque explica como era a vida ...

Lara Vázquez

O mellor que puido facer Balbino foi...

Miriam García

A min gustoume porque conta como vivían os nosos avós...

 

 

Lectoras doutros anos:

Laura Danis

 Penso que este libro ten un carácter bastante didáctico, xa que nos mostra a maneira de vivir da época dos ...

Ana Bello

Este libro pareceume moi interesante e entretido, a pesar de ...

Sandra Don

Ensínalle ás novas xeracións como..