Penso que este libro ten un carácter bastante didáctico, xa que nos mostra a maneira de vivir da época dos nosos avós e bisavós. Tamén me gusta moito que o libro estea contado por un rapaz, xa que os nenos ven diferentes as cousas que oresto dos adultos, xa que non ocultan nin sequera os pensamentos máis inocentes, ven o mundo tal como é, e dino, non coma algúns adultos que agachan o que ven porque non está ben ou non lles gusta. Hai episodios tenros e tristes, algúns máis divertidos...

 

Entre os capítulos que lin prefiro o 7º, que trata sobre Eladia, que é a profesora nova da escola e Balbino namórase dela, pero é un amor imposible, pois ela é moito maior ca el. Balbino quere que Eladia se fixe nel e por iso estuda, aprende moito, pois así capta a súa atención. Balbino tamén ten o privilexio de visitala cando ela enferma e no colexio substitúea, facendo de profesor. Finalmente Eladia marcha para casar, o que lle rompe o corazón a Balbino, e xa que para el xa non ten sentido ir ao colexio e para de ir.

Gustoume este capítulo porque é interesante a maneira en que expresa os sentimentos, e tamén é curioso que un rapaz tan noviño se enamore, pero á fin e ao cabo todos tivemos un amor platónico de pequeniños.

 

Hoxe en día a sociedade cambiou moitísimo: os rapaces, a maioría, non vive na situación de miseria e fame coma Balbino. Incluso chegamos ó outro extremo: algúns rapaces están demasiado mimados e tan sobreprotexidos que non se dan conta de que hai rapaces que non teñen a mesma sorte ca eles. Tamén cambia que os rapaces, xa non traballan, é dicir, en xeral, a sorte para os rapaces cambiou. Estes cambios só se produciron no mundo desenvolvido xa que no subdesenvolvido, no 3º mundo seguen en malas condicións: miseria, fame, analfabetización...

Laura Danis Viqueira

 

Opinións das lectoras de 3º ESO

Rocío Boquete

O libro gustoume moito, pero dábame moita pena Balbino, porque...

María José Fernández

Este libro non me gustou moito...

Marta Fraga

O libro gustoume moito e o feito de que fose o primeiro do club, fixo que me gustase aínda máis...

Lydia Pardo

 O libro gustoume moito. A maioría da xente de hoxe...

Natalia Picón

O libro gustoume porque non se parecía aos que lin ata o de agora, e non sabía...

Leticia Rodríguez

Dábame moita pena cada vez que lía...

Tatiana Seijo

Gustoume o libro porque explica como era a vida ...

Lara Vázquez

O mellor que puido facer Balbino foi...

Miriam García

A min gustoume porque conta como vivían os nosos avós...

 

 

Lectoras doutros anos:

Laura Danis

 Penso que este libro ten un carácter bastante didáctico, xa que nos mostra a maneira de vivir da época dos ...

Ana Bello

Este libro pareceume moi interesante e entretido, a pesar de ...

Sandra Don

Ensínalle ás novas xeracións como..