A EEI "Monte do Alba" é unha comunidade educativa formada por sete mestres e mestras: tres titoras, un mestre de audición e linguaxe, unha especialista de inglés, unha mestre de psicomotricidadee, un orientador, 70alumnos e alumnas de 3 a 6 anos e as familias destes.
Os seus Organos de Goberno están constituidos por:
O CONSELLO ESCOLAR onde se atopan representados mestres, pais e nais e concello. Os seus membros son escollidos mediante eleccións democráticas.A presidenta é a directora da escola, tamén elexida por votación.
A ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS coordinada coa asociación da escola de primaria.
O CLAUSTRO, onde mestres e mestras orgaizan o traballo da escola
O colexio está situado no Concello de Vigo na parroquia de Valadares. Atopámonos na aba do monte que lle dá nome,nun fermoso contorno rural, rodeado de cerdeiras e campos, a escasa distancia do Centro Cultural e moi perto do centro de primaria de Igrexa-Valadares, co que colaboramos en diferentes acontecemnetos e no que continúan a escolarización o noso alumnado. Así mesmo é neste centro onde se ubica o servicio de comedor
Sobre un patio de mil metros cadrados, aséntase un edificio de dúas plantas. Na planta baixa ubícanse dúas aulas de titoría, unha ampla estancia de usos múltiples, (psicomotricidade, teatro, audiovisuais,...), unha pequena biblioteca de préstamo e os servicios adaptados aos nenos e nenas destas idades.Na planta superior encontramos outras dúas aulas de titoría, dúas salas de traballo compartido (obradoiro de plástica e biblioteca de centro, sala de reunións e audición e linguaxe),o despacho de dirección e outros servicios igualmente adaptados
Os horarios do colexio
A escola conta con xornada única que organiza deste xeito:
Actualmente contamos cun aula matinal dende as oito da mañá, xestionada pola ANPA
O comedor remata ás 15 horas.Funciona de setembro a xuño, incluído
Para acceder o colexio a Xunta de Galicia ten organizado un servicio de autobuses (dúas liñas) por toda a parroquia de Valadares.