NOTAS:
Contade contos , inventádeos, facede actividades arredor dos libros, (dramatizacións, manualidades, pintura,...)
Participade nas actividades de animación a lectura que hai aquí mesmo no centro cultural.
Se paseamos polo campo, se andamos polo xardín podemonos fixar nos animaliños que nos rodean, as abellas libando nas flores, os mosquitos que nos molestan, os paxariños no seu ir e vir ao niño, as miñocas removendo a terra, as formigas no seu camiñar sen descanso,...
Podemos cazar un grilo, telo en casa, levalo a clase, e soltalo á vida. Ou podedes fixarvos nunha poza estancada se hai rás, tentar pescar cágados, culleres, os fillos das rás, e crialos perante un curto espazo de tempo na casa, traelos á escola antes de devolvelos á vida
Tamén podedes buscar na rede ou nos libros para coñecer máis cousas destes animais ou doutros parentes.