- o achegamento dos nenos e nenas á lecturade xeito placenteiro
- colaborar nunha boa relación entre pais-nais e fillos-as mediante o tempo compartido na lecturados contos
- establecer lazos de colaboración entre familia e escola
- permitir o acceso a todas as nenas e nenos a maior variedade e cantidade de historias e ilustracións
Normas
- está aberta normalmente os mércores pola mañá
- os libros prestanse aos pais e nais para que llos leades aos nenos e nenas, seredes pois os responsables do seu coidado
- poderán estar na casa como máximo unha semana
- non se leva un libro novo se non se devolve o anterior
- os libros non se estropean
A biblioteca realiza trimestralmete campañas de animación, pedindo unha pequena tarefa semanal relacionada con algún conto ou tema tratado na clase.Ao remate de cada trimestre os nenos e nenas son premiados polo seu interese lector cunha pequena sorpresa que nos remiten diferentes casas comerciais, que coloboran conosco de xeito desinteresado
Se sabedes de alguén, ou vós mesmos podedes colaborar conosco enviándonos obxectos de pasadas campañas publicitarias, tipo pins, boligrafos, pegatinas,...., que as veces quedan abandonadas nalgún lugar dos almacéns, poñedevos en contacto conosco no noso correo:
eei.monte.alba@edu.xunta.es
ou no noso teléfono/fax:
986469241