IES A Pinguela - Estación Meteorolóxica - Introdución
ESTACIÓN METEOROLÓXICA
 
INTRODUCIÓN

Por que me expuxen a experiencia?

En outubro do 84, comezo o que considero unha experiencia educativa, moi singular baixo o meu punto de vista.

Era un método fácil e barato de recoller unha cantidade apreciable de mostras e conectar aos alumnos cos procedementos da ciencia. Era, tamén á vez cómodo para utilizar con alumnos de varios niveis educativos.

Por que esta e non outra actividade?

- Permíteme dunha forma "barata" adquirir e manexar grandes cantidades de datos.

- Permíteme recoller mostras e arquivalas de forma que poidan ser consultadas no momento oportuno.

- Permíteme utilizar un material con pouco risco e abundante nos laboratorios de entón e de agora.

- Permíteme formar equipos e fomentar o labor de equipo neles de modo que cada un atope unha forma de autoestímulo para iniciarse como todo novo científico nos procedementos da ciencia.

- Permíteme, ademais, reunir información útil para a contorna socioeconómica próxima.

Hai, xa que logo, unha vertente social e outra meramente didáctica na formulación da experiencia.

Por unha banda, poderemos estudar o comportamento do clima, a condición de que a cantidade de datos sexa suficiente, polo que non cabe dúbida a súa utilidade tanto agrícola como ambiental. Por outra, ás aplicacións didácticas da experiencia, aínda que a finalidade fundamental da observación meteorolóxica é o estudo do clima e a previsión meteorolóxica.

Eu pola miña banda na experiencia inclúo ademais o tratamento didáctico de construción de instrumentos, teoría de erros, calibrado da instrumentación, interpretación de gráficas, de imaxes de satélite, arquivo e control de datos, manexo dunha folla de cálculo e dunha base de datos para os fins previstos, tratamento e mantemento do material, coñecementos de meteoroloxía básicos, coñecemento de tipos de nubes e a súa altura, en todo iso trabállanse tanto as actitudes como o proceso autoavaliador e estimulante pola necesidade de difundir información e a conciencia do tremendo legado que deixan para futuras xeracións; que o seu traballo é o punto de partida para compañeiros do próximo ou próximos cursos, que posibilitará a longo prazo o estudo do clima da zona coas implicacións que iso supón.

Antonio Matías Vázquez Yáñez, Xefe do Departamento de Física e Química do IES A Pinguela.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela