Oferta parcial de módulos profesionais polo réxime para as persoas adultas.
1.- Poderán incorporarse á oferta de módulos profesionais polo réxime para as persoas adultas aquelas persoas que teñan cumpridos dezaoito anos ou os cumpran no ano natural en que comeza o curso escolar.
Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas as persoas maiores de dezaseis anos que o soliciten e teñan un contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos polo réxime ordinario ou sexan deportistas de alto rendemento, segundo o procedemento que se establece no artigo 6º.2 da Orde do 23 de abril de 2007.
2.- Con carácter xeral, os requisitos académicos de acceso aos módulos profesionais ofrecidos de xeito parcial serán os mesmos que os establecidos nos artigos 5º e 6º desta orde para o réxime ordinario.
3.- Non obstante o anterior, de acordo co artigo 34 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e grupos desfavorecidos no mercado de traballo, poderán acceder a esta oferta parcial de módulos sen cumpriren os requisitos académicos de acceso aquelas persoas adultas que desexen cursar ofertas de módulos profesionais incluídos en títulos e asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, sempre que teñan acreditado unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo que se desexe cursar. |