IES A Pinguela - Oferta educativa
 

A educación secundaria obrigatoria comprende catro cursos académicos, que se realizarán ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade.

A finalidade da educación secundaria obrigatoria é lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas.

 
 

O Bacharelato é a última etapa da Educación Secundaria, ten carácter voluntario e a súa duración é de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Ten modalidades diferentes que permiten unha preparación especializada dos alumnos para a súa incorporación a estudos superiores ou á vida activa. No IES A Pinguela impártense dúas modalidades: Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais e Bacharelato de Ciencias da Natureza e a Saúde.

 
 

  Novos ciclos

As ensinanzas de Formación Profesional organízanse en ciclos formativos de duración variable, en función da natureza da competencia profesional buscada en cada caso e da formación precisa para adquirila.

Os ciclos formativos poden ser definidos como ensinanzas de estructura modular e de duración variable que teñen como finalidade primordial preparar ao alumnado para o exercicio cualificado dunha profesión.

 
 

Os programas de cualificación profesional inicial, teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación e de titulación a mozos e mozas en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa. Teñen unha marcada vocación profesional, permiten a relación co mercado de traballo e facilitan a inserción laboral nunha actividade profesional de xeito cualificado.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela