IES A Pinguela - Planetario - Introdución
PLANETARIO
 
INTRODUCIÓN

A idea, parte do éxito que tivo un primeiro planetario que me axudaron a levantar uns alumnos moi participativos alá polos 90 e que viu a luz en abril do 91. Como o número de visitas era considerablemente grande, decidimos construír o actual para o que se prestou moi oportunamente o Concello a través da Escola Taller, e en consecuencia, o actual planetario ve a luz, logo dun sen fin de inconvenientes, en abril do 96.

O Planetario da Pinguela forma parte do proxecto “Mira ao Ceo”. O mesmo que a estación meteorolóxica, cando observamos as nubes.

Pensei no importante que resulta sentirse tan grande como para formar parte do universo como po de estrelas e o pequenos que resultamos fronte a el. Pero, sobre todo, pensei na fermosura do firmamento nunha noite estrelada, creo que é algo que non debemos deixar escapar.

Reflexiono sobre esoutra opción, para que o ser humano evite circunscribirse a si mesmo e mire un pouco máis lonxe sendo consciente de que aquilo, forma parte de si mesmo; e con iso, precisamente, é necesario harmonizar.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela