IES A Pinguela - Planetario - Visita guiada
PLANETARIO
 
VISITA GUIADA
- Tempo recomendado para un grupo de 20-30 alumnos: 60 minutos.
- Niveis recomendados: Primaria, ESO, Bacharelato e calquera grupo de entusiastas da astronomía.

Cando entremos no planetario, non convén poñer demasiadas trabas á nosa imaxinación. Imaxinémonos pois, tombados no recuncho máis entrañable da nosa vila, aldea ou cidade, suficientemente abrigados, e ante nós unha panorámica do ceo nocturno. Que sensación tan pracenteira!.

Por desgraza, na nosa comunidade son poucas as noites que nos permiten contemplar o firmamento en todo o seu esplendor. Por isto temos que simulalo no interior da cúpula.

Proxectaremos o ceo á latitude da nosa cidade 42º 30’ e pasearemos dunha constelación a outra seguindo os Camiños das estrelas. Percorreremos o firmamento mes a mes localizando as constelacións predominantes en cada época do ano e desganando a súa vinculación mitolóxica.

Coñecerás os nomes das estrelas máis brillantes e como has de facer para chegar a elas.

Para rematar, seguindo os pasos do astrónomo francés Charles Mesier, e da man dos cosmólogos actuais descubriremos unha serie de obxectos celestes que non son estrelas.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela