A colaboración do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis coa Fundación Amigos de Galicia realízase dende hai tempo a través da recollida de alimentos entre o alumnado e o persoal do centro, e ten como finalidade educar na adquisición de prácticas solidarias.
Durante o curso 2015-2016 o IES Aquis Celenis desenvolveu un proxecto de formación en TIL (Tratamento Integrado de Linguas) que incluía a realización dunha tarefa por parte do alumnado de 1º curso de ESO. Como o elemento común que se quería desenvolver era a solidariedade, pareceu apropiado contactar coa Fundación Amigos de Galicia e propoñerlle a realización dun logo e unha campaña publicitaria a nivel de centro. E así botou a andar o proxecto...