Plan de acollida de inmigrantes

Xustificación

O vehículo imprescindible para a comunicación nunha sociedade é a lingua do pais no que se atopa. A lingua é a que nos permite expresar as nosas  necesidades, emocións, pensamentos, ideas,... así como comprender as dos demais. Tendo esto en conta o idioma dun país convértese na ferramenta fundamental para favorecer a integración das persoas estranxeiras.
Na escola atopamos escolarizados a todos aqueles rapaces en idade escolar independientemente de súa nacionalidade ou raza.Galicia estase a coverter nun pais receptor tanto de emigrantes retornados como de persoas inmigrantes.
Por este motivo é preciso deseñar un PLAN DE ACOLLIDA DE ALUMNOS EXTRANXEIROS no que se recollan os obxetivos que se pretenden co mesmo así como tamén as pautas de actuación que se van a seguir tanto cos nenos que se escolaricen no centro como coas súas familias e os profesores implicados.

Marco legal     

Lei 1/1990 do 3 de outubro de Ordenación Xeral do Sistema Educativo no seu Título V faise referncia á necesidade de actuar dunha forma compensatoria ante diferntes situacións debidas á desigualdade por razóns de nacionalidade ou etnia.
Na nosa Comunidade a Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen medidas de atención específica ó alumnado procedente do estranxeiro onde se recollen as pautas xerais de actuación así como tamén ós alumnos ós que vai dirixido.

Profesorado

Establecer canles de colaboración entre os diversos profesores que interveñen cos alumnos.
Optimizar os recursos persoais e materiais do centro co fin de facilitar unha resposta educativa axeitada a todo o alumnado.        
Orientar ó profesorado da atención ós alumnos estranxeiros.

As familias

Informar ás familias sobre a dinámica de traballo do centro ( RRI, ensinanzas, servicios complementarios, actividades,..)
Favorecer a comprensión e participación por parte da familia das medidas adoptadas cos seus fillos ( grupos de adquisición de linguas, matrículas, obradoiros,...)
Informar ás familias sobre a traxectoria académica dos seus fillos así como asesoralos no momento da promoción e titulación.

Destinatarios

Serán todos aqueles que teñan unha idade comprendida entre 12 e os 16 anos e que ademais reúnan algunha das necesidades educativas seguintes:
  1. Descoñecer as dúas linguas oficiais da nosa Comunidade  Autónoma ( Castelán e galego)
  2. Desfase curricular de dous anos ou máis, con respecto ó que lle correspondería pola súa idade.
  3. Presentar graves dificultades de adaptación ó medio escolar por razóns sociais ou culturais.
  4. Non haber estado escolarizado anteriormente en España.

Pautas de actuación

Para a ensinanza dun idioma é moi importante adoptar o enfoque comunicativo na súa metodoloxía e seguir as fases de aprendizaxe dunha lingua : falar, ler, escribir... recalcar e priorizar a funcionalidade da linguaxe, para alcanzar o mayor grao posible de autonomía ó alumno tendo en conta a comprensión e a expresión, especialmente nas primeiras fases da aprendizaxe será o nivel de expresión , posto que na comprensión interveñen unha serie de recursos contextuais que lle serven de apoio.
A coordinación entre todos os membros da comunidade educativa e recaerá principalmente no Departamento de Orientación e na Xefatura de Estudios.
 
Seguiranse as mesmas pautas que os demais alumnos:

  • documentación que recolla a información persoal
  • información académica
  • entrevista coa familia por parte da orientadora e do xefe de estudios.
  • incorporación do/a alumno/a ó centro e asignación do grupo tendo en conta o seu nivel de competencia curricular.
  • transmitir ó titor do alumno toda a información
  • avaliación inicial do mesmo en todas as áreas coordinados polo profesor titor.
  • realización dunha avaliación psicopedagóxica polo departamento de orientación

Medidas específicas

Grupos de adquisición das linguas : agrupamentos flexibles que teñan por obxetivo a aprendizaxe da lingua vehicular do ensino  mediante unha atención individualizada. Este grupo levarase a cabo sempre e cando exista un número mínimo de alumnos da etapa secundaria. A duración máxima destes grupos será un trimestre e o horario semanal máximo será de 24 sesións.
De todos os xeitos , o alumno permanecerá na aula de referencia cos seus compañeiros nas seguintes áreas: Educación Física, Educación Plástica e Visual e Titoría.
        
Grupos de adaptación da competencia curricular: trátase de agrupamentos flexibles que teñen como finalidade o progreso na súa competencia curricular mediante unha atención máis individualizada co obxetivo final de posibilitar a plena incorporación nas actividades académicas xerais do grupo. A característica principal dos alumnos para pertencer a este grupo é presentar un desfase curricular de dous ou máis anos respecto ó que lle correspondía por idade e estar escolarizado na ESO.

As materias obxecto de adaptación serán principalmente de carácter instrumental. O horario máximo de permanencia nestes grupos á semana será : 10 sesións na ESO

De tipo curricular
 
Ó igual que co resto do alumnado tamén se poderán adoptar outro tipo de medidas como son o reforzo educativo, adaptacións curriculares e flexibilización de idade .
 
Así mesmo é preciso adoptar outro tipo de actuacións:

Titoría: organizar sesións para integrar ó alumno ou alumnos novos.
Traballar temas transversais con todo o grupo-clase (racismo, solidariedade, xenofobia, igualdade entre sexos, paz entre os pobos,...etc)
Reunións periódicas entre o conxunto de profesores do alumno para levar a cabo o seguimento do mesmo e proponer as medidas correctoras que fosen necesarias.
Reunións de avaliación de carácter trimestral, para analizar a evolución do alumno e donde se tomarán as medidas necesarias en función dos resultados ( continuar no grupo de adquisición de linguas, reforzo educativo, reducir ou aumentar o número de sesións, revisar os contidos e métodos de traballo...)
É preciso levar a cabo actuacións cos pais, para solicitar a súa colaboración na obtención da información e informarlos sobre o funcionamento do centro e as súas características. Ademais é preciso informar ós pais sobre o proceso de escolarización que se vai adoptar co seu fillo así como tamén informalos da súa evolución.

Metodoloxía

As programacións de cada área deben ter en conta a heteroxeneidade do alumno que se atopa na aula, tanto pola súa procedencia como polo seu nivel escolar. Por este motivo é preciso que cada profesor sexa o suficientemente flexible, para adaptarse a cada situación. Algunhas recomendacións a ter en conta:

  1. Empregar frases sinxelas
  2. Utilizar un vocabulario simple
  3. Facilitar ó alumnado a comprensión das mensaxes apoiándose na mímica, debuxos, ilustracións...
  4. Utilizar a repetición de palabras ou expresións como estratexias de aprendizaxe da lingua.
  5. Facilitar ó alumno as explicacións do profesor en apuntamentos por escrito.
  6. Propiciar a participación do alumno na clase para que adquira progresivamente máis seguridade.
  7. Realizar preguntas pechadas que permitan unha resposta sinxela.
  8. Utilizar contidos do ámbito científico que teñen unha linguaxe directa e sintaxes sinxela.
Recursos

Os recursos a ter en conta neste plan serán de dous tipos:

  1. Os recursos a ter en conta neste plan serán de dous tipos:Recursos persoais: Equipo directivo, orientadora, profesor – titor, profesores das diferentes áreas, profesores de apoio,...
  2. Recursos materiais: Todos aqueles que se consideren necesarios para acadar os obxetivos que se van dende as propias instalacións do centro( aulas,biblioteca, audiovisuais, ximnasio,...) pasando polos libros de texto, libros de lectura, fichas de reforzo, vídeos, xogos,etc...

Temporalización

A temporalización do programa deberase asustar en todo momento á situación particular de cada alumno.
O inicio do programa comenza no mesmo en que os diferentes alumnos se escolaricen no centro, situación que se pode dar tanto a comenzo de curso co resto dos rapaces como ó longo de todo o curso.

Tal como se recolle neste plan hai algunhas medidas de atención que xa veñen delimitadas temporalmente pola Administración Educativa, cuestión que hai que ter moi en conta.

Avaliación

Os criterios de avaliación a ter en conta son:
  1. Adecuación da medida de atención a cada neno
  2. Grao de satisfacción dos alumnos
  3. Calificacións dos alumnos
  4. Grao de adecuación das programacións
  5. Grao de implicación dos diferentes membros educativos
  6. Grao de satisfacción das familias

  

Web 100% accesible
Esta web valida XHTML 1.1
IES "A Sardiñeira" 2004