1. MEMBROS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.
Segundo o Decreto 120/1998, do 2 de abril, polo que se regula a acción educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, forman parte do Departamento de Orientación do centro as siguientes personas:
- Xefe do Departamento: Dª Isabel García Pose.
- Profesora de Pedagoxía Terapéutica: Dª Mª del Carmen Dans del Río.
- Profesora do Ámbito Científico: Dª Angeles Pena.
- Profesor do Ámbito Lingüístico: D. Xoán Babarro.
- Profesora de Formación e Orientación Laboral (FOL): Dª Ana Mª Canosa.
2. CENTROS ADSCRITOS.
O Departamento de Orientación do IES “A Sardiñeira” abarca no seu plan de actuación e, por tanto, coordina a acción orientadora do centro que está adscrito a él este curso. Tal centro é o siguiente: CEIP “Rosalía de Castro”, igualmente de A Coruña.
3. PROPOSTA DE TRABALLO.
O sistema de orientación que propón a LOXSE (1/1990, do 3 de outubro) refírese a tres niveis de actuación (titor, departamento de orientación e equipos de sector) e, así mismo, atende a un triple ámbito (alumnos, profesores do centro e ámbito educativo ou sector). Así, con maior proximidade ó alumno, enténdese que está a acción titorial; con carácter principalmente de apoio e asesoramento do centro, sitúase o Departamento de Orientación; e, por último, no ámbito do sector educativo, figura o Equipo de Orientación Específico ( EOE).
Dentro de dito modelo de orientación psicopedagóxico e, tendo en conta o disposto nos Decretos 324/ 1996, do 26 de xullo, sobre a regulación orgánica dos institutos de Educación Secundaria, 120/1998, do 23 de abril, polos que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, e nas Circulares nº 5/1999 polas que se establece as accións prioritarias dos servicios de orientación; nº 9/1999, pola que se dictan instruccións para a atención á diversidade en ESO durante o presente curso escolar 1999-2000, o Departamento de Orientación do I.E.S. “A Sardiñeira” pretende continuar coa labor do curso pasado, tendo en conta que na ensinanza secundaria os intereses diversificados dos alumnos conéctanse sobre todo có futuro académico e profesional que cada un deles imaxina para sí mesmo. No centro e, máis concretamente dende o Departamento de Orientación, considérase que as actividades educativas deben estar pensadas, non só dende o punto de vista de satisface-las condicións idóneas para que poida lograrse unha ensinanza significativa, senón tamén, dende a súa potecialidade para satisfacer entre os alumnos futuros intereses que serán distintos en función da historia educativa de cada un e do contexto sociofamiliar no que se desenvolva. En base a todo isto, o Departamento de Orientación está levando a cabo unha serie de programas basados nos siguientes factores:
a)A necesidade de toda persona de tomar decisións académicas e vocacionais ó longo de todo ciclo educativo.
b)A crecente complexidade da sociedade e da estructura laboral, que tan difícil fan para o individuo asimilar e organiza-los datos necesarios para tomar decisións.
c)A necesidade de autocoñecemento e autoestima como factores condicionantes do desenvolvemento personal.
d)Os rápidos cambios tecnolóxicos e sociais que esixen unha gran adaptabilidade e unha capacidade de resposta por parte do suxeito.
* Programas que se están desenvolvendo na actualidade:
1.Potenciación da acción titorial e actuación cós profesores.
2.Orientación educativa xeral e dos alumnos con necesidades educativas en particular.
3.Orientación xeral no centro IES “A Sardiñeira” e no centro adscrito este curso.
4.Orientación ós pais.
5.Orientación e asesoramento laboral e vocacional.
PROGRAMA 1 : Potenciación da acción titorial e actuacións cós
profesores.
Obxectivos xerais:
Implicar e orientar ós profesores nas tarefas de acción titorial e orientación educativa.
Establecer liñas xerais de intervención na atención á diversidade.
Obxectivos específicos:
Propoñer diversas actividades de titoría para que o profesor titor realice cós seus alumnos individualmente e a nivel de grupo, destacando accións de intervención en técnicas de traballo intelectual que potencien a comprensión lectora e que se aborden dende tódalas áreas.
Apoiar ó titor/a do programa de diversificación curricular.
Deseñar, face-lo seguemento e avaliar accións de intervención que favorezan a convivencia e o bo clima escolar no centro.
Axudar ós profesores titores a analizar as necesidades do grupo de alumnos, fixar os obxectivos e estudair a programación a seguir, sempre que os profesores o requiran.
Dinamizar a actuación do profesorado proporcionándolle información sobre recursos, medios materias e didácticos, estratexias metodolóxicas que poidan favorecer a súa labor docente e un axeitado proceso de ensinanza aprendizax nos alumnos.
Apoiar instrumentalmente e con recursos a función titorial e a orientación educativa.
Asesorar ós profesores titores en técnicas de orientación individuais e grupais.
Establecer pautas xerais de acción para levar a cabo determinadas adaptacións curriculares.
Orientar sobre programas concretos de reforzo para os alumnos con dificultades de aprendizaxe ou alumnos con necesidades educativas especiais e, no seu caso, modificacións ou adaptacións curriculares.
Asesorar ós titores para unha axeitada avaliación, sobre todo formativa, dos procesos de aprendizaxe dos alumnos.
Asesorar ó profesorado en técnicas e hábitos de estudio, técnicas de traballo intelectual, habilidades e estratexias de aprendizaxe e modo de insertalas no currículum ordinario.
Asesorar ós profesores e titores no coñecemento das técnicas de desenvolvemento da madurez vocacional e profesional.
Asesorar ós titores en métodos e estratexias para fomentar a colaboración de pais e profesores.
Promover a formación do profesorado con programas no propio centro.
PROGRAMA 2 : Orientación educativa xeral e dos alumnos con necesidades
educativas especiais en particular.
Obxectivos xerais:
Promover a orientación educativa a tódolos alumnos do centro.
Determinar pautas de actuación educativa cós alumnos con necesidades educativas especiais do centro.
Obxectivos específicos:
Iniciar a labor de seguimento dos alumnos ó longo da súa escolarización, prestando especial dedicación ós de primeiro e cuarto curso da ESO e ós que seguen programas de garantía social.
Facilitar a integraciín dos alumnos no grupo clase e no conxunto da dinámica escolar (actividades grupais, participación en actividades da comuniodade educativa, etc...)
Coñecer as aptitudes, actitudes e intereses dos alumnos para unha eficaz orientación nos procesos de aprendizaxe: aplicación de probas, escalas de observación, etc.
Desenvolver programas de adquisición de técnicas de estudio, habilidades e estratexias de aprendizaxe, incardinándoas dentro do currículum.
Identificar correctamente as dificultades e diagnosticar as posibilidades para os alumnos con necesidades educativas especiais.
Elaborar as correspondentes adaptaciós ou modificacións curriculares para os alumnos con necesidades educativas especiais de acordo co seu ritmo individual de aprendizaxe.
Colaborar na elaboración de programas de ampliación para relevantes ou ben dotados.
Establecer contactos con outros servicios da comunidade que atenden aspectos específicos dos alumnos con necesidades educativas especiais (Sanidade, Inserso, Equipos de Orientación especificos...)
Realizar o seguimento e avaliación dos programas e adaptacións para os alumnos con necesidades educativas especiais.
Orientar ós alumnos para a axeitada utilización do ocio e o tempo de lecer.
Ofrecer información obxectiva, científica, relacionada coas drogas e o seu consumo.
Orientar sobre os recursos da comunidade para ofrecer respostas ós problemas da droga.
Implicar en actividades e programas preventivos, terapéuticos e de reinserción social.
PROGRAMA 3 : Orientación xeral no centro e naqueles centros adscritos
este curso.
Obxectivos xerais:
Lograr un estilo de orientación educativa propio do centro e colaborar cós responsables da orientación do centro adscrito, o “Rosalía de Castro”.
Promover programas experimentais de orientación educativa.
Obxectivos específicos:
Colaborar cós departamentos didácticos na revisión do PEC e PCC incluíndo nos mesmos programas e actividades para o desnvolvemento da orientación educativa e da acción titorial.
Colaborar coa organización do centro na potenciación da orientación educativa e da acción titorial.
Asesorar ós equipos de profesores na avaliación dos alumnos e nos procesos de ensinanza aprendizaxe.
Fomentar o traballo en equipo, a colaboración entre os profesores titores e a interdisciplinariedade.
Potenciar a coordinación entre o centro e as familias para que estas participen na dinámica escolar.
Planificar accións orientadoras en tódolos ciclos educativos que garanten a orientación persoal, escolar e vocacional do alumno.
Potenciar a organización e funcionamento do Departamento de Orientación e a sua labor na dinámica do centro.
Solicitar axuda e comparecencia no centro de persoas ou institucióbs que fomenten a madurez e asesoramento vocacional dos alumnos.
Potenciar a e promover programas de formación a nivel de centro sobre técnicas de orientación educativa e acción titorial.
Coordinarse con outros Departamentos de Orientación e orientadores da zona para intercambio de información e material, posibilidade de realizar algún programa conxunto, etc.
Promover a utilización de recursos deo contorno e coordinarse con outros servicios da comunidade na tarefa orientadora dos centros en xeral.
Empregar os Novos Medios (Audiovisuais e Informáticos) nas exposicións e presentacións da información sobre orientación académica e profesional.
Impulsar accións que promovan a alfabetización audiovisual , tendo en conta os medios de comunicación como dominantes da información na sociedade; en especial a televisión, pola influencia que ten na vida cotiá das familias, constituíndo unha provisión de actitudes sociais que inciden no estudio dos rapaces.
Aprender a seleccionar a información relevante segundo as necesidades educativas de cada ciclo.
Elaborar un Caderno de Bitácora que sirva como orientación xeral da oferta educativa do centro.
Recoller as principais demandas de orientación de cada grupo de alumnos por medio dos seus delegados.
Gravar cunha cámara de vídeo entrevistas a distintos profesores da zona para comenzar un arquivo audiovisual das principais características que implican certos traballos ós que poderán dedicarse os alumnos ó remate do ensino secundario obrigatorio e postobrigatorio.
Detectar os principais problemas educativos e as posibles vías de solución en relación coas familias, os alumnos e os profesores.
Actualiza-los datos relevantes referidos á orientación que permitan a súa codificación e almacenamento nunha base de datos, có fin de facilita-la realización de estudios e a planificación de programas especiais de intervención.
PROGRAMA 4 : Orientación ós pais.
Obxectivos xerais:
Favorecer a relación do centro coa familia.
Fomentar a participación dos pais ma dinámica do centro e nos procesos de ensinanza aprendizaxe dos fillos.
Obxectivos específicos:
Promover actividades informativas e orientadoras que impliquen á familia na consecución dos obxectivos educativas.
Establecer contactos periódicos cós pais dos alumnos de xeito individual e colectivo, para que asuman responsablemente a educación e orientación dos seus fillos.
Fomentar a participación dinámica dos pais nas estructuras organizativas do centro (consello escolar, asociacións de pais...)
Demandar a colaboracióndos pais para as diversa actividades e programas que se realicen no centro.
Informar e promover na familia un ambiente axeitado para o estudio no fogar.
Solicitar ás familias colaboración no desenvolvemento da madurez vocacional e asesoramento ós alumnos.
Facilitar información ós pais das diversas opcións de estudio e perspectivas profesionais sobre todo ó finalizar os estudios obrigatorios e postobrigatorios.
Axudar ós pais a comprender as aptitudes dos seus fillos, a aceptar a súa problemática e necesidades específicas, sobre todo a pais de alumnos con n.e.e.
Solicitar colaboración dos pais no fogar para certas actividades que axuden a resolver as necesidades dos alumnos con dificultades de aprendizaxe e n.e.e.
Informar ós pais dos alumnos con necesidades moi específicas do modo de acceso ós recursos asistenciais e de tratamento do sector ou municipio.
Promover a formación de pais como adultos responsables da formación dos seus fillos.
Implicar a pais e antigos alumnos con distinta experiencia laboral na orientación dos alumnos con esta necesidade.
PROGRAMA 5 : Orientación e asesoramento laboral e vocacional.
Obxectivos xerais:
Colaborar no desenvolvemento da madurez vocacional do alumno tendendo á autoorientación.
Informar e orientar ó alumno sobre as opcións de estudio e posibles futuras profesións.
Obxectivos específicos:
Lograr un coñecemento o máis amplo posible do alumno que permita un mellor asesoramento escolar e vocacional.
Proporcionar ó alumno o coñecemento do sistema educativo e das posibilidades de estudio: tipos de ensinanza, currículumestablecido, ubicación dos centros, becas e axudas...
Facilitarlle ó alumno información sobre o mundo das profesións: necesidades do perfeccionamento e reciclaxe, perspectivas de traballo, lexislación laboral, etc.
Facilitar a elección e toma de decisións por parte do alumno.
4.PLAN DE ACCIÓN TITORIAL.
A LOXSE, no seu artigo 60, di que “A titoría e a orientación dos alumnos formarán parte da función docente”. Esta información normativa sitúa a titoría e a orientación no proceso ordinario de ensino aprendizaxe polo que deben implicar a todo o profesorado, contando có asesoramento e o apoio de Departamento de Orientación.
Obxectivos do plan:
1.Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares dos alumnos, mediante as oportunas adaptacións curriculares e metodolóxicas.
2.Favorecer os procesos de madurez persoal, desenrolo da propia identidade e sistema de valores.
3.Previr as dificultades de aprendizaxe, anticipándose a elas e evidenciando no posible o abandono, o fracaso e a inadaptación escolar.
4.Contribuír á adecuada relación e interacción entre os distintos integrantes da comunidade educativa.
Liñas xerais de actuación:
Realizar actividades para a millora da capacidade de aprender e pensar dos alumnos.
Emprender accións que faciliten unha boa convivencia no centro.
Contribuír a que os alumnos milloren a súa capacidade de adaptación escolar e social.
Iniciar na toma de decisións profesionais.
As actividades que o Plano de Acción Titorial pretende levar a cabo neste centro son as seguintes:
A.Referidas ós alumnos.
1.Realización da exploración e diagnóstico inicial dos alumnos :
Coñecer a situación de cada alumno no grupo, no Centro e no entorno familiar e social, e realizar a intervención que sexa necesaria para favorecer a integración escolar e social.
Coñecer as características do grupo titorizado a través da información recibida dos profesores de cursos anteriores, de cuestionarios e rexistros, tanto de autoevaluación dos alumnos coma da percepción dos docentes e dos titores. Éimportante coñecer a dinámica interna do grupo a intervir, se fose necesario, para recompoñela. Osociograma, a observación sistemática e outras técnicas grupais serán de gran utilidade para obter información sobre o nivel de cohesión do grupo, os líderes, subgrupos, alumnos illados ou rexeitados... Os resultados obtidos deben ser presentados ó equipo de profesores por parte do titor na primeira reunión de evaluación. O titor debe informar tamén ás familias dos resultados correspondentes a tavés de entrevistas programadas con esa finalidade.
Axudar a identificar os factores persoais que contrubúen á desmotivación.
Afondar en procedementos que favorezan a motivacion por aprender.
2.Avaliación das dificultades e trastornos de aprendizaxe dos alumnos.
Analizar nas titorías os casos dos estudiantes con serias anomalías de rendemento escolar, especialmente na áreas de lingua e matemáticas, programando ademais as tarefas de recuperación para os alumnos afectados de problemas importantes.
Organizar actividades de recuperación escolar coa participación dos departamentos, seminarios didácticos e equipos docentes de cada ciclo para a preparación de material individualizado.
3.Habilidades e métodos de estudio e aprendizaxe.
Axudar ós escolares a que adquiran métodos axeitados para o estudio a través de material específico. Esta é unha labor de tódolos docentes do grupo, coordinados polo titor, coa colaboración do Departamento de Orientación do Centro.
4.Actividades de orientación académica e profesional.
Facilitar ó estudiante, a partir do seu ingreso na Educación Secundaria, a información necesaria sobre as opcións académicas, no que se refire a:
? Optatividade na ESO.
? Modalidades de Bacharelato.
? Saídas para Formación Profesional.
? Saídas universitarias.
? Alternativas para os alumnos de Programas de Garantía Social.
Corresponde ó titor:
? Analizar cós alumnos as ventaxas e inconvintes das opcións e itinerarios
educativos e profesionais.
? Colaborar co Departamento de Orientación e cos demais profesores para
facilitar ós alumnos dos últimos ciclos contactos e experiencias directas có mundo do traballo, coñecemento doutras opcións e centros educativos.
? Profundizar no coñecemento das aptitudes, interese e motivacións de cada
un dos alumnos para axudarlles na toma de decisións sobre o seu futuro
educativo e profesional.
5.Avaliación dos alumnos.
O titor debe celebrar asmbleas cós alumnos para preparar as sesiós de avaliación e para comentar e tomar decisións tra-lo resultado das mesmas.
B.Referido ás relacións do titor con outros profesores e órganos directivos do
Centro.
Manter contacto coa Xefatura de Estudios ó longo do curso, para comentar os aspectos xerais que inciden nos alumnos do grupo.
Colaborar có orientador e a profesora de Pedagoxía Terapéutica no diagnóstico de prevención da conducta do alumno e na coordinación de actividades orientadoras e titoriais da institución educativa.
1.Función do titor nas avaliacións.
Dirixir as reunións de profesores que imparten docencia ó grupo de alumnos titorizados. Ó remate da reunión de avaliación, o titor debe levantar acta da mesma onde figuren os seguintes aspectos:
Logros académicos nas diversas materias.
Comparación respecto á exploración diagnóstica e a avaliación precedente.
Situación educativa dos alumnos con n.e.e.
Conclusión de acordos tomados.
Despois de cada avaliación, o titor debe informar ós estudiantes e ás familias.
2.Función do titor cós profesores.
Participar na elaboración do Plan de Acción Titorial programado para o curso en colaboración cós demáis titores e o Departamento de Orientación, tratando de precisar o modo de implicación dos distintos profesores.
Recoller datos e informar ós pais dos alumnos do seu grupo.
Intervir en situacións de conflicto entre alumnos e profesores e informar ós pais.
Coordinar có equipo de profesores as tarefas de recuperación dos alumnos.
3.Funcións do titor relacionadas cós órganos directivos.
Facer partícipes ós órganos directivos das suxerencias e reclamacións dos seus titorados.
Canalizar a tavés da Secretaría do Centro a documentación dos alumnos.
Cooperar nos programas orientadores, no seu desevolvemento e avaliacióndos resultados.
Participar nos órganos colexiados.
Colaborar estreitamente có Departamento de Orientación nas tarefas vinculadas coa titoría.
C.Funcións do titor en relación coas familias.
Dar a coñecer o horario de visita dos profesores titores. Estes feito non quita que se poidan facer cós pais entrevistas noutro horario previamente concertado para á disponibilidade horaria das familias ou profesores.
Informar ós pais dos aspectos educativos dos seus fillos e recoller datos e opinións sobre os mesmos.
Establecer unha axeitada comunicación cós pais que favoreza a vinculación familia-centro.
Implicar ós pais na cooperación coas actividades de orientación e apoio dos seus fillos.
5. PROPOSTA DE TEMPORALIZACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL.
A labor titorial realizarase en tres fases:
1ª FASE : Motivación, información e recollida inicial de datos.
PRIMEIRO TRIMESTRE.
Distribución e asignación de titorías.
Distribución de espacios.
Elaboración do Plan de Acción Titorial.
Recoller información dos centros de procedencia dos alumnos.
Programa de acollida para os novos alumons, en especial os de primeiro curso da E.S.O.
Aplicación de probas sobre habilidades de estudio.
Aplicación de instrumentos de autoobservación dos alumnos e de observación do titor.
Aplicación de cuestionarios a alumnos familiares.
Aplicación de probas de velocidade e comprensión lectora.
Cumplimiento do rexistro do alumno.
Asesoramento ós alumnos na elección dos seus representantes.
Aplicación de sociogramas.
Detección e avaliación psicopedagóxica dos alumnos con n.e.e.
Primeira reunión dos titores co Departamento de Orientación para comenzar a elaboración das Adaptacións Curriculares Significativas que resulten da avaliación dos nenos con n.e.e.
Tratamento da motivación para o estudio no primeiro ciclo da E.S.O.
Tratamento da organización e planificación do tempo de estudio no segundo ciclo da E.S.O.
Tratamento dos temas transversais.
Primeira avaliación (recollida de datos relevantes).
Información ós alumnos e ás familias dos resultados da avaliación.
Incorporación dos novos datos ó expediente do alumno.
2ª FASE: Elaboración e proposta de actividades de orientacióne titoría.
SEGUNDO TRIMESTRE.
Proseguir coa colaboración e seguimento das Adaptacións Curriculares Individualizadas.
Información ós alumnos sobre habilidades de estudio e presentaciónde modelos sobre técnicas de estudio.
Diagnóstico e estudio de casos (en colaboración có orientador).
Información ós titores e pais dos alumnos dos resultados das probas psicopedagóxicas aplicadas polo orientador.
Tratamento dos temas transversais.
Asesoramento para a elección de estudios.
Asesoramento para a elección de materias optativas que oferta o Centro nos diferentes cursos do Ensino Secundario.
Asesoramento escolar e profesional ós alumnos de Formación Profesional, Garantía Social e Ciclo Formativo.
Búsqueda de información sobre temas académico profesionais, profesións, carreiras...
Toma de contacto coas empresas para a realización das prácticas dos alumnos de F.P., Garantía Social e Cclo Formativo.
Información e asesoramento ós alumnos para a elección de estudios ó remate de Formación Profesional.
Actividades de orientación académica e profesional para os alumnos do Centro.
Segunda avaliación (recollida de datos relevantes)
Información ós alumnos e á familia dos resultados da avaliación.
Tratamento dos temas transversais, con especial referencia ás unidades do tabaco (Os malos fumes), e do alcohol (¿Borracho eu?).
Exploración e proposta de actividades de intervención (en colaboración có Departamento de Orientación) dirixidas ós alumnos con dificultades de aprendizaxe.
Actividades individuais e grupais sobre asesoramento académico e profesional.
Asesoramento sobre saídas académico-profesionais ó remate da F.P., Ciclos Formativos, Garantía Social...
3ª FASE: Accións orientadoras.
TERCEIRO TRIMESTRE.
Actividades informativas sobre as oportunidades de estudio e emprego.
Continuación do programa de actividades de orientación académica e profesional.
Programa de asesoramento sobre técnicas de estudio para os alumnos co dificultades de aprendizaxe.
Deseño (en colaboración có Departamento de O rientación) dun informe para a elaboración dun consello orientador para os alumnos que rematen o programa de Garantía Social.
Tratamento dos temas transversais, con especial referencia á unidade didáctica titulada “En contra da guerra”.
Terceira xunta de avaliación.
Información ós alumnos e á familia dos resultados da avaliación.
Elaboración (en colaboración có equipo de profesores) das actividades de recuperación para os alumnos con avaliación negativa.
Elaboración (en colaboración có Departamento de Orientación) da memoria de actividades do programa de orientación e titoría.
Presentación da memoria ó Claustro e ó Consello Escolar do Centro para a súa aprobación.
