|
|

Actividades: A VIDA DO CICLO (TSAAFD) HISTORIA DO CICLO A finais dos noventa o departamento de Educacion Fisica empeza a preparar a súa andaina por un novo traballo: incorporar o ciclo formativo superior de actividades físicas no centro. Profes moi noviños: Raúl Varela, Antonio Sorribas, Conchi Pérez… trasladan as súas aulas da primeira promoción do ciclo a Bamio. Non temos sitio para tanto estudante. A primeira promocion do ciclo é a 97-99. Alumnos
e alumnas como Mabel, Maruxa, Alberto Blanco, Dani Agrelo, Luna,
Mónica, Martín, Bugallo, Mayka, Gaby… entre outros, saíron deste centro
cun novo titulo baixo o brazo: Técnico Superior en Animacion de
Actividades Fisico-Deportivas. Somos pioneiros xunto con Pontevedra!!!
ALBUM TSAAFD
EXCURSIÓNS Desde 1998 faise unha saída á neve, a estacións como as de Grau Roig, Soldeu, El Tarter… , sempre sendo fieis ás mesmas montañas. En novembro do ano 1999 fixemos parte do Camiño de Santiago desde León. Repetiriámolo anos máis tarde, en febreiro do ano 2005 desde O Cebreiro (Cebreiro-Santiago). En abril de 2000 fixemos unha semana verde en Picos de Europa onde practicamos rappel, ruta de sendeirismo (tres visos), rutas a cabalo, rafting, canoa… visitas a Potes, Covas do Pindal…. A nosa estancia foi en Colombres, no albergue El Cantu. Coroamos os tres bispos nos Ancares. Rutas de sendeirismo polas montañas en marzo do 2001. Son tamén moitos anos de rafting en distintos lugares: Asturias, Galicia, …. Os alumnos do ciclo, ou do ciclo con bacharelato con profes como Luis Garrigós, Chouza, Xela, Mamen, Pablo Alonso, Conchi Pérez… acompañando e gozando deste deporte Cies e Ons son excursións do alumnado do ciclo feitas no ano 2010 e 2011. OUTRAS ACTIVIDADES Sempre acompañados polos membros de Protección Civil e Bombeiros do Salnés, fixemos saídas á praia de Compostela para facer salvamento acuático no mar . (Desde aquí, moitas grazas pola axuda prestada de maneira altruísta pois sen as súas zódiacs, motos acuáticas, material diverso de salvamento… quedaría os noso alumnnado coxo de coñecementos e pràcticas) E son moitos os que saen do noso instituto e coidan e vixían as nosas praias e piscinas. Na piscina de Fontecarmoa vivimos moitas experiencias ao longo destes 15 anos. Houbo clases de aeróbic, aquarunning, clases lúdicas con inchables, respiración artificial, aquaeróbic, mantemento, pesas, buceo con botellas, salvamento con roupa…. E por suposto as do propio curriculum : salvamento acuático e actividades acuáticas. A Praia ou pistas de atletismo alleas ao noso centro son utilizadas para impartir algúns módulos: atletismo, acondicionamento físico en fundamentos biolóxicos, predeportes, xogos… Ademais do aeróbic na auga e do aeróbic no pavillón hai dous anos que imos máis alá. Axudados polo profesional Moncho Cortegoso facemos aeróbic na neve. Dentro das actividades dos deportes individuais un dos que nos ofrece máis fotos, máis videos, máis imaxes é o acrosport . UN TRABALLO EN EQUIPO O noso curriculum quedaría coxo sen a axuda dos nosos estreitos colaboradores. Todos e cada un deles teñen a súa importancia pero quizais un dos que máis nos aportou como alumno e profesor foi Antón, o que nos axudou a todos a entender que “o que importa non son os anos da vida senón a vida dos anos. “ Antón Sorribas, Patxi, Luis Paredes.. entre outros acompañáronnos como profes durante anos impartindo clases maxistrais nas súas disciplinas. Eneida, ex-alumna e experta en fitball, a doutora Aurora García experta en alimentación, o brasileiro Romeu coa súa capoeira, Pepe Casal preparador fìsico de Pau Gasol, o noso olímpico Antón Paz, o deportista Gustavo Cesar Veloso, Araceli Bugallo coa súa esgrima... a todos eles, dende o instituto agradecemos a súa colaboraciòn altruísta. PARTICIPACIÓN EN ATENEA Atenea é a realización dunha idea brillante do departamento de música, das profes Susana Suárez e de Begoña Barcala. No festival Atenea os departamentos de Educación Física , Filosofía, Plástica e Música traballan en conxunto para facer un festival que recolla algún traballo do ano. E aquí está o alumnado co ciclo. En 2010 : baile hip-hop de Gloria, Ana, Laly e Angela, os bailes de salón de Fran e Alexander e o maxestuoso acrosport waka-waka feito por Diego, Martín, Dani, Lopo, Marcos, e Celso preparados polos profes Jessy e Luis Garrigós… Atenea 2011 non podía ser menos. Acrocombat feito polos alumnos de primeiro e axudados pola profesora Conchi Pérez, o acrosport das nosas mozas: Mari, Mayte, Nahila, Cris, Anita, Leti, Alexandra, Lea e Patricia axudadas polo profesor Luis Garrigós. Como colofón unha película- resumo do ano 2009-10 do noso alumnado. COLABORACIÓN NA FESTA DO MAGOSTO O ciclo sempre colabora coa organización e celebración do magosto facendo e ensinando os xogos populares para o resto do alumnado do noso instituto. Agradecer a Pili Barros esta iniciativa que hai anos botou a andar e grazas á cal son moitos os rapaces e rapazas que coñecen e practican a chave, a ra, as bolas, as buxainas, as cordas … |