25 aniversario
 videos

Nadal solidario

Día da árbore

Día da paz

Intercambios culturais

Vida do ciclo (TSAAFD)

Relixión

Actividades na contorna

Normalización lingüística

Momentos reivindicativos

Diversificación

A.D. Cortegada


 
folla

Actividades: RELIXIÓN                                                 

Neste departamento o longo destes 25 anos experimentaronse moitos cambios e realizaronse moitas actividades, tanto de colaboración como actividades propias. Tamén formaron parte deste departamento diferentes profesores entre os que destacan. Castrogudín, Alba, Ana Belén...

Entre as actividades realizadas:

  • Algo que se fai de maneira frecuente, en especial, coincidindo cos anos santo xubilares, “Xacobeos”´é a realización de diferentes tramos do Camiño de Santiago, en concreto, do Francés. Unhas veces realizase o tramo que percorre Galicia completo, outras veces faise unha xornada. Todo isto en función dos alumnos os que vai dirixido. Si o alumnado é de cursos superiores, o tramo é máis complexo, mentres que se se oriente a alumnos máis novos é máis sinxelo; sempre acumpañados doutros profesores de diferentes departamentos.
  • Tamén todos os anos hai unha saída a Santiago para visitar a catedral , as súas cubertas e os seus arredores( edificios representativos do culto o Apóstolo Santiago).
  • Outras saidas que variaron dun ano a outro.: Belén de Valga, visita a Ribadavia e en concreto o seu barrio xudeu.
  • Tamén se fan saídas de 2 ou 3 días para visitar lugares importantes para a historia do cristianismo, como é o caso deste último curso que se fixo a Fátima en Portugal aproveitando para visitar outras localidades portuguesas: Porto, grutas de Mira de Aire, Batalha, Coimbra, Nazare, AlcobaÇa, Aveiro...

Con este tipo de actividades non se pretende soamente unha labor educativa senón tamén unha acitivade lúdica e a relación cos alumnos doutros centros da comarca. Nesta viaxe a Fátima , en concreto cos alumnos do Castro Alobre. Pero noutras actividade que se fixeron en conxunto con outros institutos foi o Camiño de Santiago, que nalgún ocasión se chegou a realizar con 14 institutos da diócese de Santiago de Compostela ( Ano 2009).

O departamento colaborou con actividades dentro do centro: coa chegada do Nadal, na planta baixa do edificio os alumnos, de diferentes cursos, montan o Belén e o árbore de Nadal. Así mesmo participamos en outras actividaes extraescolares do centro: Magosto (picar castañas, cucuruchos..), diversas saídas organizadas por outros departamentos, saídas o auditorio, a Vilagarcía, as diferentes illas do Parque das Illas Atlánticas...

Remato dicindo que nestes 25 anos seguramente pasaron moitas cousas que merecería a pena citar aquí, pero que co tempo se van esquencendo ó non conservar un documento escrito ou gráfico. En conclusión 25 anos que pasaron nun intre.

Para rematar algunhas fotos da última actividade organizada polo departamento o 11,12,13 de abril a Fátima (Portugal).


Album relixión
relixion

(Fai clic na imaxe para abrir o album)   
frecha