Charlas arredor da memoria
O mércores día 18 de abril, no marco da actividade anual de centro, tivo lugar un acto aberto a toda a comunidade escolar e ao público en xeral no que interviron os profesores X. Ramón Mariño Ferro, antropólogo, e Manuel Sendón, fotógrafo. Os seus relatorios achegáronnos aos territorios da memoria dende a antropoloxía e a fotografía.
O alumnado, profesorado e publico asistente, desfrutamos dunhas sesións intensas nas que a imaxe e a palabra tomaron o protagonismo e a memoria andivo unha vez máis arredor de si.