Galicia non é un país pequeno
Traballo de toponimia feito polo alumnado de 1º de ESO
Estamos afeitos a ser unha esquina nun dos extremos da península Ibérica, un país pequeno e non demasiado ben comunicado. Pero se temos paciencia e, devagar, esculcamos con calma o nomenclátor de Galicia, podemos atopar cousas moi curiosas, por exemplo hai unha serie de topónimos, moitos máis dos que pensamos, que teñen o mesmo nome que países ou cidades importantes de sitios do mundo algúns moi lonxe de nós. Como exemplos temos, moi próximos ao noso centro, unha Servia, concello de Lousame, ou un Ceilán, concello da Baña.
Mergullándose demoradamente no nomenclátor o alumnado de 1º de ESO atopou 41 lugares de Galicia que teñen o seu correspondente noutro sitio do mundo.