| << Anterior | 1 2 3 4 5 | Seguinte >> |
O fondo inicial consta de aproximadamente 17.000 exemplares entre libros, revistas e vídeos. O seu crecemento, a presencia de tódolos soportes documentais e o equilibrio entre obras de coñecemento e de ficción axustaranse ás recomendacións da IFLA (Agrupación Internacional de Federacións de Bibliotecarios/as) un 30% do fondo dedicado a documentos de ficción e un 70% de documentos informativos.
O/A bibliotecario/a escolar é un elemento imprescindible neste modelo de biblioteca escolar. Contará cunha dedicación plena de a lo menos as súas horas complementarias. Será un docente de entre os que teña a formación axeitada que desempeñará, coa axuda dun equipo multidisciplinar de profesores e profesoras que teñan asignadas horas de atención á biblioteca, as seguintes funcións:
O/A equipo de docentes encargados da xestión da biblioteca reunirase, polo menos, unha vez ao mes para coordinar actividades, avaliar o rendemento e propor as medidas de mellora que se consideren oportunas. A súa constitución, composición e distribución de tarefas deberán ser aprobadas pola Xefatura de Estudos, a proposta do responsable da Biblioteca Escolar
O/A bibliotecario escolar formará parte da Comisión de Coordinación Pedagóxica.
A biblioteca escolar deberá permanecer aberta durante un amplo horario, que será en todo caso durante as 30 horas do horario matinal.
| << Anterior | 1 2 3 4 5 | Seguinte >> |