<< Anterior Seguinte >>

2.5. Orzamento

A biblioteca escolar contará cun orzamento de seu e suficiente para o cumprimento das súas funcións. Este é de 1.500€. tendo en conta o número de alumnos co que contamos. (Recomendacións internacionais aconsellan destinar á Biblioteca Escolar o 10% do orzamento dos centros educativos ás súas B. Escolares.)

2.6. Organización en redes

A estruturación da rede documental educativa debe contemplar a incorporación das bibliotecas escolares no Sistema Español e galego de Bibliotecas, así como nos distintos sistemas bibliotecarios autonómicos y este é un dos nosos obxectivos.
A rede ten como obxectivo principal facilitar a cooperación e a colaboración entre os elementos que a compoñen: servicios centrais, Centros de Profesores e Recursos, bibliotecas públicas e bibliotecas escolares.
A configuración tecnolóxica da rede requirirá a selección dun modelo informático que contemple a automatización das bibliotecas e a súa conexión.
Os Centros de Profesores e Recursos teñen como funcións básicas na rede documental educativa a formación permanente do profesorado e a xestión e difusión dos recursos documentais e informativos.
As bibliotecas públicas son, conxuntamente cos Centros de Profesores e Recursos, os núcleos documentais máis próximos ás bibliotecas escolares. Estas necesitan, para cumprir as súas funcións, do apoio das bibliotecas públicas en canto a: asesoramento técnico, préstamo interbibliotecario, información bibliográfica, formación de usuarios (dando prioridade en este primeiro momento aos docentes), actividades culturais, etc.

3. A Formación de Usuarios e Usuarias1.

3.1. Obxectivos:

    1. Crear lectores-as autosuficientes na biblioteca: dominio do espacio e coñecemento dos servicios.
    2. Dar a coñecer o fondo e técnicas para acceder á información.

3.2. Modelos de formación de usuarios:

    1. A individual. Explicación convencional
    2. A colectiva ou en grupo: Visita guiada e outras actividades.

3.3. Programación

Á hora de programar a formación de usuarios hai que pensar en.

    1. Os destinatarios a quen vai dirixida.
    2. O nivel de formación a dar.
    3. O establecemento dun calendario
    4. A preparación das actividades.
    5. A valoración dos resultados do programa
    6. Os contidos:
      1. Coñecemento do espacio e dos servizos da Biblioteca
      2. Coñecemento, aprendizaxe e utilización dos instrumentos de busca
      3. Educación documental. Potenciación da capacidade investigadora a través do manexo do fondo bibliográfico.

3.4. Materiais

Para  facilitar o dominio do espacio e dos servicios contaremos con:

    1. Guías da biblioteca
    2. Guías de servicios ou seccións
    3. Plano da biblioteca

1Elaborarase ó longo do curso unha secuenciación dos contidos a traballar co alumnado en cada nivel e  curso

<< Anterior Seguinte >>
| Quiénes somos| Aviso legal| Desarrollo y programación| Contacta |2006 IES "de Fene"