<< Anterior

5 Animación cultural e lectora

Se o fomento da lectura, da expresión e da creatividade, a educación para o ocio e o tempo de lecer son uns dos nosos principais obxectivos; é a animación cultural e lectora onde diriximos o noso maior compromiso.

5.1 Programación de actividades de Animación cultural e lectora

  1. A "Frase da Semana" e  "A Lenda da Semana"
  2. "O Noso Libro Favorito" e "O Noso Cadro Favorito"
  3. "A Olimpíada do Saber"
  4. “¿Que che suxire esta imaxe?”
  5. Concurso de Relato Curto e Concurso de Poemas
  6. Maratóns de lectura
  7. Deseño de logotipos
  8. Distintas exposicións para conmemorar algún feito ou algunha efeméride
  9. Conmemoración do Día do libro e do Día das Letras Galegas

6 Temporalización do Plano

Iniciouse, o proxecto aquí exposto, no curso académico 2005-2006. Conscientes da envergadura do mesmo, esperabamos que fora unha realidade a curto prazo, para o que a concienciación da nosa comunidade educativa (profesorado, alumnado, asociación de pais e nais, consello escolar), do Concello (biblioteca municipal), do Centro de Formación e Recursos, e da administración educativa do importante papel que xoga a biblioteca escolar, como centro de recursos organizados, no logro da calidade educativa, era o eixo fundamental cara a conseguir os nosos obxectivos, a mellora non só da nosa Biblioteca senón de tódalas Bibliotecas Escolares.

7 Avaliación do funcionamento do plano

A avaliación deste proxecto levarase a cabo mensualmente nunha reunión da xefa de estudos coa coordinadora deste proxecto, e tódolos titores da biblioteca para coordinar actividades, avaliar o rendemento e propor as medidas de mellora que se consideren oportunas. Así mesmo pasaranse unha serie de cuestionarios ao alumnado, profesorado e aos titores da biblioteca co fin de coñecer o grado de cumprimento dos nosos obxectivos iniciais. Farase tamén unha memoria final da Biblioteca onde se incluirá unha valoración, tanto pormenorizada como global, sobre o funcionamento deste plano.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nota: Programación da Biblioteca Escolar aprobada polo Claustro e o Consello Escolar e incluido no PEC e na PXA

 

<< Anterior
| Quiénes somos| Aviso legal| Desarrollo y programación| Contacta |2006 IES "de Fene"