| 1 2 3 4 5 | Seguinte >> |
A biblioteca escolar é un espacio educativo, un centro de recursos multimedia ao servizo da comunidade educativa.
A biblioteca escolar está integrada no proxecto educativo e curricular do centro e fomenta métodos activos de ensinanza e aprendizaxe.
A biblioteca escolar non traballará de forma illada senón formando parte de redes.
A biblioteca escolar favorecerá o cumprimento de tódolos obxectivos xerais da educación e non só os académicos, en especial os relativos á transversalidade, a corrección das desigualdades de orixe do alumnado, o acceso á cultura e o fomento da lectura.
Entre os obxectivos que nos marcamos na nosa biblioteca están:
A biblioteca escolar ten unha serie de funcións educativas, culturais e técnicas que afectan en xeral á formación integral da persoa e en concreto ao deseño, desenvolvemento e innovación curricular.a)Proporcionar un continuo apoio ó programa de ensino-aprendizaxe.
b)Asegurar o acceso a unha ampla gama de recursos e servizos.
c)Dotar ao alumnado das capacidades básicas para obter e usar unha gran diversidade de recursos e servizos.
d)Habituar ao alumnado á utilización das bibliotecas con finalidades recreativas, informativas e de educación permanente.
O local da nosa biblioteca, moi ben situado en relación ás aulas de ESO e Bacharelato que son os nosos usuarios máis habituais, de fácil acceso para todos eles, e cunha superficie de 180 m2 dedicada para uso exclusivo da mesma, está dividido en cinco espazos ben diferenciados:
| 1 2 3 4 5 | Seguinte >> |