ESTRUCTURA DA PROBA


1. Posto que hai que coñece-los problemas específicos que foron obxecto de estudie por parte dos distintos pensadores e escolas filosóficas, o material proposto para a análise será un TEXTO dos autores explicados, que ha de referirse ás cuestións ou tópicos que o currículo sinala.
2. Ofreceranse DÚAS OPCIÓNS, que combinarán os CATRO BLOQUES HISTÓRICOS, garantindo a presencia dos autores elixidos polo profesor á hora de impartir cada bloque.
O Grupo de Traballo acorda combinar os bloques de Hª. da Filosofia Grega e Medieval cos da Moderna e Contemporánea [Opción lª: Antigua ou Medieval; Opción 2ª: Moderna ou Contemporánea], de tal modo que resultan as combinacións do Anexo 1°.
3. Non haberá textos ou materiais prefixados. Procurarase que sexan suficientemente claros, comprensibles, de fácil estructuración e referidos sempre ós contidos básicos sinalados nos D.C.B.
4. Criterios de Avaliación
4.1. Con carácter xeral: os que figuran no currículo da materia.
4.2. Con carácter específico
O alumno, mediante a composición, mostrará a comprensión da temática do texto e explicará este; desenvolverá tamén a temática do autor e mostrará, a través da súa capacidade critica, rigor conceptual, coherencia expositiva e orixinalidade, a súa madurez intelectual. Deste modo creemos preservar o carácter global da Composición e os contidos que necesariamente ha de reflectir.
5. Puntuación (ata un máximo de 10 puntos):
Comprensión e explicación da temática do texto: 3 puntos.
Desenvolvemento da temática do autor do texto: 5 puntos.
Madurez intelectual [capacidade critica, rigor conceptual, coherencia expositiva, orixinalidade]: 2 puntos.
Presentación






























































































ANEXO 1

Posibles Combinacións dos Bloques de contidos, a través dos cales se desenvolverá a temática filosófica
 

PRIMEIRA COMBINACIÓN POSIBLE
Opción 1ª.- Platón
Opción 2ª.- R. Descartes, B. Spinoza, J. Locke, D. Hume, J.-J. Rousseau, 1. Kant.

SEGUNDA COMBINACIÓN POSIBLE
Opción 1ª.- Platón
Opción 2ª.- J. S. MilI, K. Marx, F. Nietzsche, L. Wittgenstein, M. Heidegger, J. Habermas, J. Ortega y Gasset.

TERCEIRA COMBINACIÓN POSIBLE
Opción 1ª.- Aristóteles
Opción 2ª.- R. Descartes, B. Spinoza, J. Locke, D. Hume, J.-J. Rousseau, 1. Kant.

CUARTA COMBINACIÓN POSIBLE
Opción 1ª.- Aristóteles
Opción 2ª.- J. S. Mill, K. Marx, F. Nietzsche, L. Wittgenstein, M. Heidegger, J. Habermas, J. Ortega y Gasset.

QUINTA COMBINACIÓN POSIBLE
Opción 1ª.- San Agustín de Hipona, Santo Tomás de Aquino, Guillermo de Ockham, N. Maquiavelo, F. Bacon.
Opción 2ª.- R. Descartes, B. Spinoza, J. Locke, D. Hume, J.-J. Rousseau, 1. Kant.

SEXTA
COMBINACIÓN POSIBLE
Opción 1ª.- San Agustín de Hipona, Santo Tomás de Aquino, Guillermo de Ockham, N. Maquiavelo, F. Bacon.
Opción 2ª.- J. S. Mill, K. Marx, F. Nietzsche, L. Wittgenstein, M. Heidegger, J. Habermas, J. Ortega y Gasset.

Estructura Proba
Presentación








































































COMPOSICIÓN DE TEXTO [sobre tema de tipo FILOSÓFICO]
Examen de Selectividade


Nótese que no examen de selectividade preséntanse duas opcións claramente relacionadas ca temática que aparece exposta no Anexo. Na opción 1 únicamente aparece un autor (Platón) xa que, xunto con Aristóteles, parece merecer un trato preferente. Na opción 2 se recollen textos relacionados con TODOS os autores pertencentes a Filosofía moderna. Agora ben, hai que tener en conta que se deberá escoller únicamente o texto DUN AUTOR y, sobre él, contestar ás cuestións que se plantexan.
AVALIACIÓN
A valiación da composición: 10 puntos [comprensión e explicación da temática do texto: 3 puntos; Desenvolvemento da temática do autor do texto: 5 puntos; Madurez intelectual: 2 puntos).

OPCIÓN 1
"E ademais -repuxo Cebes interrompéndoo-, segundo este argumento, Sócrates, que ti soes con tanta frecuencia repetir, de que o aprender non é senón lembrar, resulta tamén, se ese argumento non é falso, que é necesario que nós teñamos aprendido nun tempo anterior o que agora recordamos. Mais esto é imposible, a non ser que existise a nosa alma na1gunha parte antes de chegar a esta figura humana. De sorte que tamén, segundo esto, parece que a alma é inmortal".
PLATÓN, Fedón, 72
Cuestións:
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvo1ve tamén na Composición a temática seguinte: Clases sociais e formas de gobemo en Platón.

OPCIÓN 2
2.1. "Despois disto púxenme a considera-lo que se require, en xera1, para que unha proposición sexa verdadeira e certa; pais, en vista de que acababa de atopar unha que sabía que o era, pensei que debía saber tamén en que consistía esa certeza. E tendo observado que na proposición penso, 10go existo, o único que me asegura de que digo a verdade é que vexo moi claramente que para pensar é necesario ser, xulguei que podía tomar como regra xeral que as cousas que concibimos moi clara e distintamente son todas verdadeiras, e que soamente hai algunha dificultade en advertir ben cales son as que en realidade concibimos distintamente".
DESCARTES, Discurso do Método, cuarta parte.
Cuestións:
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve na tamén na Composición a temática seguinte: Razón e realidade: a teoría das substancias.

-------------------------------------------------------------------------------------
2.2. "O amor é de tal natureza que xamais intentamos (como o facemos coa admiración e outras paixóns) liberamos del. E iso por dúas razóns: porque é imposible e porque é necesario que non nos libremos del. Imposible, porque el non depende de nós, senón tan só do ben e uti1idade que descubrimos no obxecto. Xa que, se non quixeramos amar nada, sería necesario que antes noncoñeceramos nada, o cal non depende da nasa liberdade: porque, se non coñeceramos nada, sen dúbida que tampouco seriamos nada.
Necesario non libramos del, xa que, dada a debilidade da nasa natureza, non poderiamos existir sen gozar de algo co que estamos unidos e fortalecidos".
B. SPINOZA, Tratado breve sobre Deus, o home e a súa felicidade, V, 5
Cuestións
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Teoría da realidade: substancia, atributos e modos en Spinoza.

--------------------------------------------------------

2.3. "Supoñamos que a mente é, como nós dicimos, un papel en branco, ba1eiro de carácteres, sen ideas. ¿Como se enche? ¿De onde procede o vasto acopio que a ilimitada e activa irnaxinación do home gravou ne1a cunha variedade case infInita? A esto respondo cunha palabra: da experiencia. Nela está fundado todo o noso coñecement
e del a se deriva todo en último termo. A nosa observación ocupándose xa sobre obxectos sensibles externos, ou x1\ sobre as operacións internas das nosas mentes, percibidas e reflectidas por nós mesmos, é a que abastece ó nasa entendemento con tódolos materiais do pensar. Estas dúas son as fontes do coñecemento: delas proceden tódalas ideas que ternos ou podemos ter".
LOCKE, Ensaio sobre o entendemento humano, Libro II, cap. 1°.
Cuestións:
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Teoría polítíca: a sociedade civil e o contrato social.

--------------------------------------------------------

2.4. "A idea de substancia, como a de modo, non é senón unha colección de ideas simples unidas pala imaxinación e que posúen un nome particular asignado a elas, mediante o cal somos capaces de recordar -a nós ou a outros- esa colección. Pero a diferencia entre estas ideas consiste en que as calidades particulares que forman unha substancia son referidas polo común a un algo descoñecido en que se supón inhiren; ou ben , concedendo que esa ficción non teña lugar, suponse que a lo menos están estreita e inseparablemente conectadas entre si por relacións de contigüidade e causalidade. O resultado de todo esto é que, cando descubrimos que unha nava calidade simple -sexa cal sexa- garda a mesma conexión coas demais, incluimola entre elas, aínda que non entrara na prime ira concepción da substancia".
D. HUME, Tratado da natureza humana, Primeira Parte, Sección VI.
Cuestións
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: O Emotivismo moral en Hume.

--------------------------------------------------------

2.5. "As obrigacións que nos ligan ó carpa social non son obrigatorias senón en canto son mutuas, e a súa natureza é tal que, cumpríndoas, non se pode traballar para outro sen traballar tamén para si mesmo. ¿Por que a vontade xeral é sempre recta e por que todos queren constantemente a felicidade de cada un deles, se non é porque no hai ninguén que non se apropie esta palabra, cada un, e que non pense en si mesmo ó votar por todos? O que proba que a igualdade de dereito e a noción de xustiza que esta igualdade prodvce provén da preferencia que cada un se dá e, por conseguínte, da natureza do home; que a vontade xeral, para ser verdadeiramente tal, debe selo no seu obxecto así como na súa esencia; que debe partir de todos para aplicarse a todos, e que perde a súa rectitude natural cando tende a algún obxecto individual e determinado, porque entón, xulgando sobre o que nos é alleo, non ternos ningún verdadeiro principio de equidade que nos guíe".
J. J. ROUSSEAU, O Contrato Social, cap. IV.
Cuestións
Comprensión e explicación da temática do texto
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Do estado de natureza ó estado social.

--------------------------------------------------------

2.6. "O noso coñecemento xorde basicamente de dúas fontes do psiquismo: a prime ira é a facultade de recibir representacións (receptividade das impresións); a segunda é a facultade de coñecer un obxecto a través de tales representacións (espontaneidade dos conceptos). A través da prime ira dásenos un obxecto; a través da segunda, pensámolo en relación coa representación (como simple determinación do psiquismo). A intuición e os conceptos constitúen, pais, os elementos de todo o noso coñecemento, de modo que nin os conceptos poden subministrar coñecemento prescindindo dunha intuición que lles corresponda dalgunha forma, nin tampouco pode facelo a intuición sen conceptos".
KANT, Crítica da razón pura, II Parte, 1.
Cuestións:
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Kant e a Ilustración. Contidos ideolóxicos da Ilustración.

Estructura Proba
Presentación