![]()
|
|
![]()
A Nosa Historia
O remate do milenio
pode ser unha boa oportunidade para botarlle unha ollada ó noso pasado, sen
caer na tentación de ensalzalo nin de menosprecialo, senón coa consciencia de
que o que somos é producto, ou mellor dito suma, dos graos de area que foron
quedando no camiño.
Na nosa man está poder
transmitirlle ós que veñan detrás algo que sexa merecente de lembrar.
Co milenio tamén remata
o Ano Mundial das Matemáticas, ciencia que foi e seguirá a ser a ferramenta que
precisa a humanidade para progresar e que polo tanto ben merece un oco nesta
cronoloxía que, aínda non sendo demasiado explicita, serve como punto de
partida para a nosa curiosidade.
Nadal do 2000
|
-25.000 Chegada
do Home a Galicia. -5.000 Primeiros
labregos e gandeiros. -4.000 Primeiras
construccións megalíticas. -2.500 Introducción
da metalurxia. -2.000 Cerámica
Campaniforme. -1.800 Primeiros
intercambios de obxectos metálicos.
Petroglifos
ó ar libre. -1.600 Explotacións
mineiras. -600 Entran
na Península Ibérica os Celtas.
|
-50.000 Primeiras
evidencias de numeración. -25.000 Debuxos
xeométricos primitivos. -4.241 Orixe
hipotética do calendario exipcio. -3.000 Numerais
Xeroglíficos en Exipto. -2.773 Probable
introducción do calendario exipcio. -2.400 Notación
posicional en Mesopotamia. -1.850 Papiro
de Moscova (Golenischev). Comezos
do cifrado. -1.100? "Chou-Pei". -585 Tales de Mileto; Xeometría deductiva. |
-15.000.000.000 Orixe do Universo (Big Bang). -10.000.000.000
Orixe do Sol. -5.000.000.000 Orixe da Terra. -600.000.000 Comezos
da Era Paleozoica. -225.000.000 Comezos
da Era Mesozoica. -60.000.000 Comezos
da Era Cenozoica. -3.500.000 Lucy:
Restos do 1º homínido femia (Australopithecus
afarensis), atopados en
Afar, Etiopía. -50.000 Home de Neanderthal. -25.000 Arte
paleolítica. Home
de Cro-Magnon. -10.000 Agricultura
mesolítica. -5.000 Civilizacións
neolíticas. -4.000 Utilización
dos metais. -3.500 Orixes
da escritura. Roda
de alfareiro. -3.000 Invención
dos vehículos con rodas. Primeiros
habitantes da Illa Santorini. -2.800 Construcción
da Gran Pirámide de Cheops. -2.600 Civilizacións
Cicládica, Minoica e Micénica. -2.400 Imperio
Sumerio-Akkadio. -2.000 Apoxeo
da civilización Minoica. Escritura
lineal A (aínda por descifrar). -1.800 Código
de Hammurabi. -1.700 Os
Hyksos invaden Exipto. Stonehenge
en Inglaterra. -1.600 Os
Cassitas invaden Mesopotamia. Imperio
Novo en Exipto. -1.450 Erupción
volcánica en Santorini. Destrucción
de Santorini, e da..... ¿Atlántida?. Gran
catástrofe en Creta,provocada por
unha xigantesca onda que procedía
de Santorini. -1.350 Alfabeto
fenicio. Utilización
do ferro, do reloxo de sol e
da clepsidra ou reloxo de auga. -1.200 Guerra
de Troia. Éxodo
xudeu de Exipto. -776 Primeira
Olimpíada. -753 Fundación
de Roma, segundo a tradición. -743 Era
de Nabonassar. -740 Obras
de Homero e de Hesiodo. -586 Cativerio
de Babilonia.
|
|
-500 Esplendor
da "Cultura Castrexa -137 Décimo
Xuño Bruto loita contra os Galaicos
nunha expedición de castigo
ós lusitanos. -62 Expedición
naval de Xulio Cesar ata Brigantium
na procura de riquezas. Guerras
Cántabras. -50 Inicio
da Romanización de Galicia pola
costa sur-occidental. -26 Asedio
ó Monte Medulio: 0 Pobo Galaico
prefire a morte antes que seres
sometido ó poderío Romano. -24 Fundación
da cidade de Lugo, que nos
seus comezos foi un campamento
militar romano. +50 Os romanos sacan das minas de ouro na Gallaecia o equivalente a 6500kg de ouro anuais. As principais explotacións están na provincia de Ourense. |
-540 Aritmética
e Xeometría pitagóricas. Numerais
de variñas en China. Os
"Sulvasutras" indios (aprox.) . -450 Terra
esférica de Parménides. -430 Morte
de Zenón. Obras
de Demócrito. Astronomía
de Filolao (aprox.). Os
"Elementos" de Hipócrates de Chios
(aprox.). -428 Nacemento
de Arquitas. Morte de Anaxágoras. -427 Nacemento
de Platón. -420 Trisectriz
de Hipias (aprox. ). Inconmensurables. -369 Morte de Teeteto. -360 Teorías
de proporcións e de exhausción
de Eudoxo (aprox.). -350 Menecmo
e as seccións cónicas. Dinostrato
e a cuadratriz (aprox.) . -335 Eudemo:
"Historia da Xeometría" . -330 Autólico:
"Sobre a esfera en movemento"
(aprox.) . -320 Aristeo:
"Cónicas" (aprox.). -300 Os
"Elementos" de Euclides (aprox.), a
obra máis célebre da Historia das Matemáticas. -260 Astronomía
Heliocéntrica de Aristarco. -230 Peneira
de Eratóstenes (aprox.). -225 As
"Cónicas de Apolonio" (aprox.). -212 Morte
de Arquímedes, precursor dos creadores
do cálculo integral cos seus métodos
para calcular áreas, volumes e
centros de gravidade. -180 Cisoide
de Diocles (aprox). Concoide
de Nicomedes (aprox.). Hypsicles
o a división do círculo en 360º
(aprox.). -150 Curvas
espíricas de Perseo (aprox.). -140 Trigonometría
de Hiparco (aprox.). -60 Géminus
e o postulado das paralelas.
|
-538 Os
Persas apodéranse de Babilonia. -480 Batalla
das Termópilas. -477 Formación
da Liga de Delos. -461 Comezo
da Época de Pericles. -430 Hipócrates
de Cos (aprox.). Teoría
atómica (aprox.). -429 Morte
de Pericles; praga sobre Atenas. Fin
da guerra do Peloponeso. -399 Morte de Sócrates. "Anábasis" de Jenofonte. -347 Morte
de Platón. -332
Fundación de Alexandría. -323 Morte de Alexandre Magno. -322 Morte
de Aristóteles e de Demóstenes. -311 Comezo
da época Seleucida en Mesopotamia. -306 Ptolomeo
I Soter reina en Exipto. -283 0
Faro de Alexandría. -264 Comeza
a Primeira Guerra Púnica. -232 Morte
de Asoka, o "Constante budista". -210 Comezo
da Gran Muralla Chinesa. -166 Rebelión
de Xudas Macabeo. -146 Destrucción
de Cartago e de Corinto. -121 Asasinato
de Caio Graco. -75 Cicerón
restaura a tumba de Arquímedes. -60 Lucrecio:
"De rerum natura". -44 Morte de Xulio César. |
|
+60 As
vías romanas en construcción, primeiro
gran intento para comunicar e
chegar á vella Gallaecia. 216 0
Decreto de Caracalla establece que os
Conventus Xurídicus de Lucus Augusti,
Brácara e Astúrica constitúan
unha nova provincia romana. 265 Iníciase
a construcción das murallas de
Lugo. 385 Execución
por herexía do bispo de orixe
galega Prisciliano. Pode ser que sexa o
ocupante da tumba do apóstolo en
Santiago. 409 Os
Suevos chegan á Península. 411 A
provincia de Gallaecia fica repartida
entre Suevos e Vándalos. 429 Política
expansionista dos Suevos. Enfrontamentos
entre Suevos e Vándalos. 456 Batalla
do Órbigo: Os Godos, co seu rei
Teodorico II, obteñen unha victoria
rotunda sobre os Suevos. Queda
desta maneira, o reino suevo na
órbita dos godos. 585 Leovixildo
incorpora o reino suevo de
Galicia á monarquía visigoda. 714 Invasión
de Galicia polas tropas de Muza. 750 Final
da reconquista do territorio galego. ¿813? Invención
do descubrimento do sepulcro
do Apóstolo Santiago nun monte próximo a Iria. 844 Os
piratas normandos chegan a Galicia. 860 Incorporación
de Galicia ó ámbito Astur-Leonés. 997 Almanzor
arrasa Santiago.
|
+75 Obras
de Herón de Alexandría. 100 Nicómano:
"Aritmética" (aprox.). Menelao:
"Esférica" (aprox.). 125 Teón
de Esmirna e a matemática platónica. 150 Ptolomeo:
"0 Almagesto" (aprox.). 250 Diofanto:
"Aritmética" (aprox.), obra
que consta de 13 libros dos que só se
conservan seis. 320 Pappus:
" Colección Matemática". 390 Teón
de Alexandría. 415 Morte
de Hipatia, a primeira muller matemática. 470 Aproximación
de p por Tsu Ch'ung-Chih
(aprox.). 476 Nacemento
de Aryabhata. 485 Morte de Proclo. 520 Antemio
de Tralles e Isidoro de Mileto. 524 Morte de Boecio. 529 Peche
das escolas filosóficas de Atenas. 560 Comentario
de Eutocio a Arquímedes. 628 "Brahma-sphuta
Siddhanta". Utilización
dos números negativos na India. 662 0
Bispo Sebokht menciona os numerais
hindús. 735 Morte
de Veda o Venerable 775 Obras
astronómicas hindús traducidas
ó árabe. 830 Al-Khowarizmi
: "Álxebra"(aprox.). Primeira
figura da matemática árabe. 901 Morte de Thabit Ibn-Qurra. 998 Morte de Abu'l-Wefa. |
+79 Morte
de Plinio o vello no Vesubio. 116 Trajano
estende o Imperio Romano. 122 Comeza
a construcción da muralla de Adriano
en Gran Bretaña. 180 Morte de Marco Aurelio. 286 División
do Imperio Romano por Diocleciano. 324 Fundación
de Constantinopla. 378 Batalla
de Adrianópolis. 393 O
emperador Teodosio coa súa teima de
favorecer ó cristianismo e loitar contra
o paganismo, decreta a supresión
definitiva dos xogos olímpicos. 455 Os
vándalos saquean Roma. 476 Data
convencional da "caída" de Roma. 496 Clodoveo
convértese ó cristianismo. 526 Morte
de Teodorico. 529 Fundación
do Mosteiro de Monte Cassino. 532 Construcción
de Hagia Sophia por Xustiniano. 590 Gregorio
Magno elixido papa. 622 A
Héxira de Mahoma. 641 Incendio
da Biblioteca de Alexandría. 732 Batalla de Tours (ou Poitiers). 814 Morte
de Carlomagno. 910 Abadía
benedictina en Cluny. 987 Ascensión
ó trono de Hugo Capeto.
|
|
1.065 Fernando
I deixa o reino de Galicia ó seu
fillo García. 1.070 Sancho,
irmán de García, faise soberano
de Galicia León e Castela. 1.076 Recomeza
a construcción da catedral románica
de Santiago. 1.090 Dona
Urraca, filla de Afonso VI, recibe
o señorío de Galicia e Portugal. 1.109 É
proclamado rei de Galicia o fillo de
Dona Urraca, Afonso de Raimúndez,
co respaldo do Conde de
Traba e o Bispo de Compostela (Pedro
Froilaz e Diego Xelmírez). Portugal
convértese en reino independente. 1.140 Redacción
do Códice Calixtino. Primeiros
núcleos urbanos ó longo do
Camiño de Santiago e da liña de costa. 1.142 Chegada
a Galicia da reforma Cisterciense
(Sobrado). 1.188 0
Mestre Mateo comeza o Pórtico da
Gloria. 1.230 Morre
en Sarria o derradeiro rei de Galicia:
Afonso IX. 1.232 Airas
Nunes escribe Cantigas en Compostela. 1.318 0
arcebispo de Santiago Berenguel de
Landoira asasina a Alonso Suárez de
Deza para conter a levantamento dos
Composteláns. 1.321 0
mesmo Berenguel, ataca e incendia a
fortaleza de Felpós, preto de Palas de
Rei, como escarmento ós nobres que
asaltaban ós peregrinos. 1.344 Inaugúrase
o Primeiro Estudio Xeral de
Galicia en San Domingos de Bonaval. 1.348 A
peste negra fai aparición nos portos
galegos. 1.418 Irmandade
dos veciños de Santiago contra
do seu arcebispo. 1.431 Primeira
Guerra Irmandiña capitaneada
por Roi Xordo contra Nuño
Freire de Andrade.
|
1.037 Morte de Avicena. 1.039 Morte de Alhazen. 1.048 Morte
de Al-Biruni. 1.114 Nacemento
de Bhaskara, representante
da matemática hindú. 1.123 Morte
de Omar Khayyam. 1.142 Adelardo
de Bath traduce a Euclides. 1.202 Fibonacci:
"Líber abaci". 1.260 Trisección
do ángulo por Campano. Jordano
Nemorario: "Arithmetica". 1.270 William de Moerbeke traduce a Arquímedes (aprox.). 1.274 Morte de Nasir Eddin. 1.303 Chu
Shi-kié e o triángulo de Pascal. 1.328 Bradwardine: "Líber de proportionibus". 1.336 Morte de Richard de Wallingford. 1.360 A
latitude das formas de Oresme. 1.436 Morte
de Al-Kashi.
|
999 Elección
do papa Silvestre II. 1.028 Escola
de Chartres. 1.066 Batalla
de Hastings. 1.096 Primeira
Cruzada. 1.100 Coroación
de Henrique I de Inglaterra. 1.170 Asasinato de Thomas Becket. 1.204 Os
cruzados saquean Constantinopla. Morte de Maimónides. 1.209 A
igrexa católica, no concilio de París,
prohibe a Física. 1.215 Carta
Magna. 1.265 Primeiro
parlamento en Inglaterra. 1.271 Viaxes
de Marco Polo. Reloxos
mecánicos (aprox.). 1.286 Invención
dos anteollos (gafas). 1.348 A
Peste Negra 1.364 Morte
de Petrarca. 1.431
Queima de Xoana de Arco. 1.440 Invención
da imprenta de tipos móbiles. 1.453 Caída de Constantinopla. |
|
1.466 Segunda
revolta Irmandiña dirixida por
Pedro Osorio, Alonso de Lanzós e
Diego de Lemos, cunha única consigna:
"Derrubar as fortalezas". 1.468 Os
irmandiños controlan o Reino. 1.469 Unión
da nobreza feudal refuxiada fóra de
Galicia. Na primavera rematan
co movemento irmandiño. 1.479 Comeza
o reinado dos Reis Católicos. 1.480 Os
Reis Católicos impoñen a Galicia a
"Santa Hermandad" e crean o "Tribunal
de Justicia de Galicia". 1.483 Execución
do Mariscal Pardo de Cela en
Mondoñedo. Chega
a Galicia a imprenta. 1.486 Viaxe
dos Reis Católicos a Galicia. 1.500 Nace
a Xunta de Galicia que nos seus
primeiros tempos foi reaccionaria e
conservadora. 1.525 Baixo
os auspicios do Arcebispo Alonso
de Fonseca, nace a Institución
Universitaria Compostelá. 1.572 Publícase
en Lisboa o canto á historia
de Portugal "Os Lusíadas", de
Luis de Camôes. 1.585 Francis
Drake ataca o porto de Vigo para
ceibar os barcos ingleses alí apresados. 1.589 Os
defensores da Coruña derrotan a Drake. 1.599 Os
deputados galegos das cidades de Santiago
e Betanzos piden permiso ó rei
para que as provincias do Reino de
Galicia se poidan axuntar cando elas
queiran para tratar temas do ben público.
|
1.464 Morte
de Nicolás de Cusa 1.472 Peuerbach:
"Nova Teoría dos Planetas". 1.476 Morte
de Regiomontano (Johannes Müller),
traductor do "Almagesto" de
Ptolomeo. 1.482 Primeira
edición impresa dos "Elementos"
de Euclides. 1.484 Chuquet:
"Triparty". 1.489 Uso dos signos + e - por Widmann. 1.492 Uso
do punto decimal por Pellos. 1.494 Luca
Pacioli: "Summa". 1.525 Rudolf:
"Coos". 1.526 Morte
de Scipione del Ferro. 1.527 Apiano
publica o triángulo de Pascal. 1.543 Tartaglia
publica a traducción de Arquímedes
de Moerbeke. Copérnico:
"De revolutionibus". 1.544 Stifel:
"Arithmetica integra". 1.545 Cardano: "Ars Magna". Resolución da
ecuación de 3º grado copiando as indicacións
de Niccolo Fontana (Tartaglia),
e a pesares de xurarlle que o mantería
en secreto. 1.557 Recorde: "Whetstone of
Witte". 1.564 Nacemento
de Galileo. 1.572 Bombelli:
"Álxebra". 1.579 Viète:
"Canon mathematicus". Indicou
as cantidades por letras, introducindo
a notación alxebraica. 1.585 Stevin: "La disme". Informe de Harriot sobre "Virginia". 1.595 Pitiscus:
"Trigonometría". 1.603 Morte
de Viète. 1.609 Kepler:
"Astronomía nova". Funda a
Astronomía moderna coas leis do movemento
planetario. 1.614 Os logaritmos de Napier, que "duplicaron"
a vida dos astrónomos pola
simplificación dos tediosos cálculos
trigonométricos da Astronomía. 1.620 Os
logaritmos de Bürgui.
|
1.473 Capela
Sextina. 1.483 Asasinato
dos príncipes na Torre de Londres. 1.485 Henrique
VII o primeiro Tudor. 1.492 Descubrimento
de América por Colón. 1.498 Execución
de Savonarola. 1.517 Reforma
Protestante. 1.520 0
Campo do Pano de Ouro. 1.534 Acta
de Supremacía. 1.543 Vesalius:
"De fábrica". Ramus:
" Refutación de Aristóteles". 1.553 Servet
queimado en Xenebra. 1.558 Subida
ó trono de Sabela I de Inglaterra. 1.564 Nacemento de Shakespeare. Mortes de Vesalius e de Miguel Anxo. 1.572 Noite
de San Bartolomeu. 1.584 Asasinato
de Guillerme de Orange. 1.588 Drake
dea á Armada Española. 1.598 Edicto
de Nantes. 1.603 Mortes
de William Gilbert e de Sabela
I. 1.609 Telescopio
de Galileo. 1.616 Mortes
de Shakespeare e de Cervantes. 1.620 Desembarco
de "The Pilgrims" en Norteamérica.
|
|
1.622 A
inquisición aplica tormento a María
Soliño, acusada de bruxería. 1.623 Recuperación
do voto nas Cortes. 1.640 Guerras
con Portugal. 1.702 Batalla
de Rande. 1.712 Galicia
consigue estar representada en
Cortes pero cun só voto. 1.750 Instalación de comerciantes cataláns nas rías galegas. |
1.623 Nace
Blaise Pascal, inventor da primeira
máquina de calcular. 1.629 Método
de Fermat para máximos o mínimos. 1.631 Harriot: "Artis analyticae
praxis". Oughtred: "Clavis
mathematicae". 1.635 Cavalieri: "Geometría indivisibilibus". 1.637 Descartes: "Discours de la méthode". 1.639 Desargues: "Brouillon
projet". 1.640 Pascal: "Essay pour les
coniques". 1.642 Nacemento
de Newton o morte de Galileo. 1.647 Mortes
de Cavalieri e de Torricelli. 1.655 Wallis:
"Arithmetica infinitorum". 1.657 Rectificación
da parábola por Néil. 1.658 Reloxo
de péndulo cicloidal de Huygens. 1.667 Gregory:
"Geometriae pars universalis". 1.668 Mercator:
"Logarithmotechnia". 1.670 Barrow:
"Lectiones geometriae". 1.672 Asasinato
de De Witt. 1.678 Teorema
de Ceva. 1.684 Primeiro
artigo de Leibniz sobre o cálculo
infinitesimal. 1.687 Newton:
"Principia". Lei
de Gravitación Universal. Refracción
da luz. Cálculo
diferencial e integral (fluxións
e fluentes). 1.690 Rolle: "Traité d'algèbre". 1.696 A
braquistócrona dos Bernoulli. A
regra de L`Hospital. 1.706 Utilización
de p por William Jones. 1.707 Nace
Leonharde Euler, un dos matemáticos
máis prolíficos de tódolos
tempos. 1.715 Taylor: "Methodus
incrementorum". 1.718 De Moivre: "Doctrine of
Chances". 1.722 Cotes: "Harmonia mensuraum". 1.730 Fórmula
de Stirling. 1.731 Clairaut
sobre as curvas alabeadas. 1.733 Saccheri: "Euclides
vindicatus". 1.734 Berkeley: "The Analyst". 1.742 Maclaurin: "Treatise of
Fluxions". 1.743 D`Alembert: "Traité de
dynamique". 1.748 Euler: "Introductio". Agnesi:
"Istituzioni". 1.750 Regra
de Cramer. Elipse de Fagnano. |
1.626 Mortes de Francis Bacon e de Willebrord Snell. 1.628 Harvey: " De motu cordis et sanguinis". 1.636 Fundación
do Harvard College. 1.643 Subida
ó trono de Lois XIV. 1.644 Barómetro
de Torricelli. 1.649 Carlos
I decapitado. 1.651 Hobbes:
" Leviathan". Bomba
de ar de Von Guericke. 1.660 Restauración
da monarquía en Inglaterra. 1.662 Fundación
da Royal Society. 1.666 Fundación
da Académie des Sciences. 1.679 Decreto
de Hábeas Corpus. 1.682 Fundación
da Acta Eruditorum. 1.683 Asedio
de Viena. 1.685 Revogación
do Edicto de Nantes. 1.689 A
Gloriosa Revolución. 1.699 Morte de Racine. 1.702 Comezo
da guerra da Raíña Ana. 1.711 Nacemento
de Hume. 1.718 Termómetro
de Fahrenheit. 1.730 Termómetro
de Rèaumur. 1.737 Linnaeus:
"Systema naturae". 1.738 Daniel
Bernoulli: "Hydrodynamica". 1.740 Subida
ó trono de Frederico o Grande. 1.742 Termómetro
centígrado. 1.749 Volume
I da "Historie naturelle" de Buffon.
|
|
1.751 Créase
a Cátedra de Matemáticas da Universidade
de Santiago, que é ocupada
por D. Luís Marcelino Pereira
ata 1792. 1.770 Nace
en Bermés (Lalín), D. Xosé Rodríguez
González matemático, físico,
minerólogo e astrónomo que ocupará
a Cátedra de Matemáticas no 1800
e será coñecido como " 0 Matemático
de Bermés". 1.790 Levantamento
dos campesiños en Valdeorras. 1.791 Inauguración
da fábrica de Sargadelos. 1.800 Aparece
a primeira publicación galega
con carácter periódico; trátase de
"El Catón Compostelano". 1.809 Batalla
de Pontesampaio, onde foi derrotado
definitivamente o xeneral francés
Ney. 1.813 Constitución
da primeira Deputación Única
de Galicia. 1.824 Morre
o "Matemático de Bermés".
|
1.759 "Die freye perspektive" de
Lambert . 1.770 Trigonometría
hiperbólica. 1.777 Nace
Karl Friedrich Gauss, matemático
alemán que non terá igual
na Historia da Matemática en potencia
e claridade mental. Problema
da agulla de Buffon. 1.779 Teoría
de eliminación de Bezout. 1.788 Lagrange: "Mècanique
analytique". 1.794 Legendre: "Eléments de
géométrie". 1.795 Monge: "Feuilles d'analyse". 1.796 Laplace: "Systhème du
monde". 1.797 Lagrange: "Fonctions
analytiques". Mascheroni: "Geometria del compasso". Weesel: "Essay sur
la representation analytique
de la direction". Carnot: "Métaphysique du
calcul". 1.801 Gauss
"Disquisitiones arithmeticae". Teoría
de números. 1.803 Carnot: "Géométrie de
position". 1.810 Volume I dos "Annales" de Gergonne. 1.811 Nace
Evaristo Galois, quen posteriormente
cunhas Obras Completas
de 60 páxinas será o auténtico
creador da Álxebra Moderna. 1.815
Fundación da "Analytical Society" en
Cambridge. 1.817 Bolzano: "Rein analytischer Beweis". 1.822 Poncelet: "Traité". Series de Fourier. Teorema de Feurbach. 1.826 Fundación
do "Journal de Crelle". Principio
de dualidade (Poncelet, Plücker,
Gergonne). Funcións
elípticas (Abel, Gauss, Jacobi). 1.827 Coordenadas
homoxéneas (Möbius, Pücker,
Feuerbach). Cauchy:
"Cálculo de Residuos". Funcións
de variable complexa. 1.828 Green: "Electricity and
Magnetism". 1.829 Xeometría
de Lobachewsky. Morte de Abel ós 26 anos: Demostrou a irresolubilidade alxebraica da ecuación de 5º grado. |
1.751 Volume
I da "Encyclopédie" de Diderot
e d'Alembert. 1.752 A
cometa de Franklin. 1.767 Máquina
de vapor perfeccionada de Watt. 1.774 Descubrimento
do osixeno ( Prestley, Scheele,
Lavoisier). 1.776 Declaración
de Independencia Norteamericana. 1.781 Descubrimento
de Urano por Herschel. 1.783 Descomposición
química da auga (Cavendish,
Lavoisier). 1.789 Revolución
Francesa. 1.794 Lavoisier
guillotinado. 1.795 École Polytechnique. École Normale. 1.796 Vacinación
(Jenner) . 1.799 Sistema
Métrico Decimal. 1.800 Pila
de Volta. 1.801 Descubrimento
do planetoide Ceres. 1.803 Teoría
atómica de Dalton. 1.804 Napoleón
coroado emperador. 1.814 Raias
espectroscópicas de Fraunhofer. 1.815 Batalla
de Waterloo. 1.817 Oscilacións
ópticas transversais (Young
e Fresnel). 1.820 Oersted
descubre o electromagnetismo. 1.826 Traballos
de Ampère sobre a electrodinámica. 1.827 Lei de Ohm. 1.828 Síntese
da urea por Wöhler. 1.829 Morte
de Thomas Young.
|
|
1.834 Real
Decreto que reduce a catro as sete
provincias galegas. 1.840 Inicio
da desamortización eclesiástica
de Mendizábal. 1.846 Levantamento
do coronel Solís en Lugo.
A
batalla de Cacheiras pon fin ó levantamento;
sendo fusilados Solís e algúns
dos seus oficiais en Carral. 1.853 "Ano
da fame". Comezo da emigración
a América. 1.854 Nace
na Coruña o matemático D. Xoán
Xacobo Durán Loriga que obterá
a medalla de ouro da Exposición
Universal de Barcelona (1988),
polos seus traballos científicos
en Álxebra e Xeometría. 1.855 Declaración
dos Mártires de Carral como
beneméritos de Galicia. 1.856 "Banquete
Democrático de Conxo". 1.863 Rosalía
de Castro publica "Cantares Gallegos". 1.865 Primeiro
volume da "Historia de Galicia"
de Manuel Murguía. 1.870 1500
labregos cercan a localidade ourensá
de Maceda negándose ó pago
do imposto de capacitación. 1.873 Inauguración
do ferrocarril Santiago- Carril. 1.877 Nace
en Ourense Basilio Álvarez que chegará
a ser o grande dirixente do agrarismo. 1.878 Nace
en Lalín D. Ramón Aller Ulloa, matemático
cunha grande paixón pola astronomía. Constrúe
o primeiro observatorio astronómico
de Galicia e introduce en
España o estudio das estrelas dobres.
Foi
o primeiro matemático que utilizou
o galego nun artigo científico:
"O Universo é ... un número", publicado en
1933.
|
1.830 Peacock:
"Alxebra". 1.832 Bolyai:
"Ciencia Absoluta do Espacio".
Morte
de Galois ós 20 anos nun desafío,
por causa do "honor" dunha "infame
coqueta". 1.834 Steiner
profesor en Berlín. 1.836 Fundación
do "Journal de Liouville". 1.837 "Cambridge
e Dublín Mathematical Journal"
. 1.843 Os
cuaternións de Hamilton. 1.844 Grassmann:
"Ausdehnungslehre". 1.847 Von Staudt: "Geometrie der
Lage". 1.852 Chasles: "Traité de géométrie supérieure". 1.854 Riemann:
"Habilitationschrift". Boole: "Laws of
Thought". 1.855 Dirichlet
sucede a Gauss en Gotinga. 1.863 Cayley
profesor en Cambridge.1.864 Weierstrass
profesor en Berlín. 1.872 Dedekind: "Stetigkeit und Irrationale Zahlen". Heine: "Elemente". Méray: "Nouveau
preçis". Klein: "Erlanger
Program". 1.873 Hermite
demostra que "e" é trascendente.
1.874 Cantor:
"Mengenlehre". Tratamento do
infinito por medio da nova Teoría de
Conxuntos. 1.877 Sylvester profesor en John Hopkins. 1.881 Gibbs: "Vector Analysis". 1.882 Lindemann
demostra que p é trascendente. 1.884 Frege: "Grundlagen der Arithmetik". |
1.830 Lyell: "Principes of
geology". Comte: "Cours de
philosophie positive". 1.831 Inducción
electromagnética de Faraday. 1.832 Máquina
calculadora analítica de Babbage. 1.836 Primeiro
telégrafo. 1.842 Lei
de Conservación da Enerxía (Mayer
e Joule). 1.846 Descubrimento
de Neptuno (Adams e
Leverrier). Invención
da anestesia. 1.848 Marx:
"Manifesto Comunista". 1.850 Dickens: "David
Copperfield". 1.858 Cable
Atlántico (telégrafo). 1.859 Darwin: "Origin of Species". Espectroscopía química (Bunsen e Kirchhoff). 1.868 Descubrimento
de restos do home de Cro-Magnon. 1.869 Apertura
da Canle de Suez. Táboa
periódica de Mendelief. 1.873 Maxwell: "Electricity and Magnetism". 1.876 Invención
do teléfono por Bell.
|
|
1.885 Morre
en Padrón Rosalía de Castro. 1.886 Nace
en Rianxo Afonso Daniel Rodríguez
Castelao. 1.889 Alfredo
Brañas: "El Regionalismo". 1.891 Constitución
da Asociación Rexionalista
Galega. 1.897 Creación
da Liga Galega presidida por
Murguía. 1.906 Fundación
da Real Academia Galega. 1.911 Morre
Xoán X. Durán Loriga. 1.912 Campaña
agrarista de Basilio Álvarez. 1.916 Fundación
do semanario "A Nosa Terra".
Primeira
Irmandade de Amigos da Fala. 1.920 Primeiro
número do boletín "Nós". 1.922 Fundación
en Ourense da Sociedade Cultural
Galega Nós. 1.923 Dictadura
militar de Primo de Rivera.
Seminario
de Estudios Galegos en Santiago. 1.926 Castelao:
"Cousas". Decreto
Lei de Redención de Foros. 1.929 Fundación
da O.R.G.A. 1.931 Fundación
do Partido Galeguista. Proclamación
da II República. 1.936 Voto
afirmativo ó Estatuto Galego do
74% do censo electoral. Triunfo
electoral da Fronte Popular. Guerra
civil...Comezo da "Longa noite
de pedra". 1.950 Castelao
morre en Buenos Aires. Fundación
da Editorial Galaxia.
|
1.888 Comezo
da American Mathematical Society. Nace
en Logroño Julio Rey Pastor, a figura
matemática máis considerable e
influinte dos países hispano parlantes. 1.889 Axiomas
de Peano. 1.895 Poincaré: "Analysis Situs". Topoloxía Alxebraica. 1.896 Demostración
do teorema dos números
primos (Hadamard e De la Vallée-Poussin). 1.899 Hilbert:
"Grundlagen der Geometrie".
Fundamentación axiomática
da Xeometría Euclídea, dous
mil anos despois de Euclides. 1.903 Teoría
de integración de Lebesgue. 1.906 Cálculo
funcional (Fréchet). 1.907 Brouwer
e o intuicionismo. 1.910 Publicación
do volume I dos "Principia"
de Russell e Whitehead. 1.914 Hausdorff:
"Grandzüge der Mengenlehre". 1.916 Teoría
xeral da relatividade (Einstein). 1.917 Hardy
e Ramanujan sobre teoría de números. 1.918 Morre
o creador da Teoría de Conxuntos:
Georg Cantor. 1.923 Espacios
de Banach. 1.930 Weyl
sucede a Hilbert en Gotinga. 1.931 Teoremas
de incompletitude de Gödel. 1.933 Dimisión
de Weyl en Gotinga. 1.934 Teorema
de Gelfond. 1.939 Publicación do volume I dos "Elements" de
Bourbaki. 1.943 Morre David Hilbert. 1.947 O
matemático John W. Tukey dá nome
a unha nova unidade de información:
"O Bit". 1.955 Álxebra
Homolóxica (Cartan e Eilenberg). 1.962 Morre en Buenos Aires Julio Rey Pastor. |
1.887 Descubrimento
das ondas hertzianas. 1.888 Fundación
do Instituto Pasteur. 1.895 Descubrimento
dos raios X (Roentgen). 1.896 Descubrimento
da radioactividade (Becquerel). 1.897 Descubrimento
do electrón (J. J. Thomson). 1.898 Descubrimento
do radio (Marie Curie). 1.900 Freud:
"Die Traumdeutung". 1.901 Teoría
cuántica de Plank. 1.903 Primeiro
voo con motor. 1.905 Teoría
especial da relatividade (Einstein). 1.914 Asasinato
do archiduque austríaco en Saraxevo. 1.915 Apertura
da Canle de Panamá. 1.917 Revolución
Rusa. 1.927 Lindbergh
cruza o Atlántico. 1.928 Fleming
descubre a penicilina. 1.933 Hitler nomeado chanceler. 1.941 Bombardeo
de Pearl Harbor. 1.945 Bombas
atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki. 1.946 Primeira
reunión da ONU. 1.961 Fracaso
de EE.UU. no seu intento de invadir
Cuba pola bahía de Cochinos.
|
|
1.964 Fundación
da Unión do Pobo Galego. 1.966 Morre D. Ramón M. Aller Ulloa. Loita dos labregos de Castrelo de Miño
contra Fenosa, por mor da construcción
do encoro. 1.975 Morte
de Franco..."Alba de Gloria". 1.977 Primeiras
Eleccións democráticas. 1.979 Colectivo
"Vacaloura": Primeiro libro
de texto de matemáticas en galego.
1.984 Chegan
a Galicia os restos de Castelao. 1.990 Créanse
as novas Universidades de A Coruña
e Vigo. 2.000 O colectivo "Galicia 21", comeza a normalización da lingua no eido informático. |
1.963 Paul
J. Cohen e a independencia do axioma
de elección e da hipótese do continuo. 1.966 15º
Congreso Internacional de Matemáticos
(Moscú). 1.978 Os
enxeñeiros electrónicos Anne C. Shartel
e Norman F. Roley inventan o
chip de silicio. 1.997 O
xaponés Marno Aizawa traballa no desenvolvemento
de chips basados en
conexións de neuronas vivas, en substitución
do silicio. 2.000 Celébrase o Ano Mundial das Matemáticas. |
1.963 Asasinato do presidente Kennedy. 1.965 Morte de Sir Winston Churchill. 1.966 Mao
Zedong impulsa a Revolución Cultural
na China. 1.967 Morre
en Bolivia o mito revolucionario
Ernesto Che Guevara. 1.968 Primeiro
transplante de corazón (Barnard). Maio
do 68 francés. 1.973 Crise
enerxética. EE.UU.
sae derrotado na guerra de Vietnam. 1.974 Portugal:
Revolución dos caraveis no
25 de abril. 1.978 Nace
o 1º "bebé probeta" nun hospital
británico: a nena Louise Brown. 1.979 Triunfo
da revolución Sandinista en Nicaragua. 1.986 Catástrofe
nuclear na central atómica de
Chernobil. 1.989 Cae
o muro de Berlín. 1.991 Os
países da CEE asinan o tratado da Unión
Europea en Maastricht. 1.994 A
rebelión Zapatista deixa ó descuberto
a gravísima situación de desigualdade
social en México. 1.997 Biólogos
do Instituto Roslín de Edimburgo
clonan a ovella "Dolly" a partires
dunha célula diferenciada. 2.000 Descífrase o mapa do xenoma humano. |
Xabier
Garabal
Bibliografía:
Laredo
Verdejo, Xosé Luis: "Galicia enteira".
Marafany
Vilarassau, Pedro: "Galicia incógnita".
Rodríguez
Vidal, R.: "Cuentos y cuentas de los matemáticos".
Colerus, Egmont: "Breve
historia de las matemáticas".
Boyer, Carl: "Historia de la
Matemática".
Villares,
R.: "Historia de Galiza".
"Gran
Enciclopedia Gallega".
"Gran
Enciclopedia Larousse".
![]()
|
|