|
|
|
|
10. Libro de contabilidade de estupefacientes >> 25 minutos |
|
Trátase dun libro de rexistro no que deben
quedar sinaladas as entradas, saídas e existencias
de todas as especialidades que conteñan
estupefacientes da lista I
así como as substancias e
fórmulas maxistrais que conteñan estupefacientes das listas I, II
e III. Este libro, como o
receitario, o expide o Colexio Oficial de Farmacéuticos e consta de catro
partes:
Certificación da Inspección Provincial de Farmacia na que constan o número de folios (sempre son 200), os datos do farmacéutico, a data de expedición, a sinatura e o selo da inspección.

Índice de folios: Os cinco primeiros folios utilízanse como índice de folios, é dicir, un resumo dos estupefacientes contabilizados con indicación do folio no que se atopa consignado o movemento. Este índice está dividido en cada páxina en dúas partes iguais nas que se consignan o “título da conta”, é dicir, o nome do estupefaciente, e “folio número”, é dicir, o número do folio no que se van a consignar os seus movementos.

Folios ou páxinas, numerados do 1 ao 200, encabezados pola denominación da especialidade ou produto estupefaciente. Como en calquera libro de contabilidade anótanse neles as entradas, saídas e saldos existentes en cada momento:
Entradas: Correspóndense coas adquisicións a entidades de distribución. En cada entrada o farmacéutico debe anotar os seguintes datos:
Data.
Entrada: Número de envases ou cantidade de producto.
Proveedor: Nome do centro de distribución ou laboratorio.
Saldos: Número de envases ou cantidade de producto existente trala adquisición.
Saídas: As saídas poden ser por:
Dispensación a pacientes: Neste caso hai que consignar:
A data.
O producto dispensado.
Datos do médico (nome, número de colexiado e número de receita oficial).
Datos do paciente (nome e dirección).
Número no
libro receitario
.
Devolucións a Sanidade por caducidade, para destrucción.
Devolucións a centros de distribución por caducidade de especialidades. Entréganse xunto cun vale no que se fai constar de xeito claro “DEVOLUCIÓN”.
Roubos ou substraccións.
Roturas de envases, verquidos de produtos, etc.
No movemento de saída hai que anotar tamén o número de envases así como o saldo trala saída.

A última parte do libro está formada polas últimas seis páxinas, que quedan a disposición da inspección para as súas anotacións.

Cando no libro de estupefacientes se remata un folio faise constar ao pé do mesmo, no lugar ao efecto, o folio ao que se pasa a seguinte anotación dese produto ou especialidade. É dicir, ao contrario que no libro receitario, no libro de estupefacientes resérvase cada folio para un estupefaciente determinado non podendo anotarse nunha mesma páxina movementos de dous estupefacientes distintos.