|
|
|
|
5. Medicamentos especiais >> 50 minutos |
|
Considéranse medicamentos especiais os seguintes:
A.- Medicamentos biolóxicos: Son medicamentos nos que as substancias medicinais teñen unha orixe animal ou humana, sendo os de maior interese os medicamentos inmunolóxicos (soros, vacinas, toxinas e alérxenos).
En moitas ocasións
estes produtos prepáranse especificamente para un paciente en particular (vacina
individualizada). Neste caso o laboratorio fabricante debe identificar en cada
preparación a oficina de farmacia ou servizo farmacéutico, o médico prescritor,
o paciente, a composición, o proceso de fabricación e os controis realizados. A
embalaxe debe identificar claramente ao prescritor, paciente, composición
cuantitativa da preparación, vía de administración, número de referencia de
fabricación e data de caducidade, ademais da entidade fabricante e, se fose
preciso, a necesidade de conservación en frío, o que se indica co símbolo
. En todo caso debe acompañarse un
folleto explicativo coas instrucións.

B.- Medicamentos de orixe humana: Son medicamentos biolóxicos obtidos de sangue, plasma, fluídos, glándulas ou tecidos procedentes de doantes identificados/as e que reúnen as garantías necesarias que impiden a transmisión de enfermidades infecciosas.

C.- Medicamentos estupefacientes e psicótropos: Os estupefacientes e psicótropos son unha serie de substancias químicas, de orixe natural ou sintética, incluídas en catro listas (lista I, II, III e IV) establecidas pola Convención Única de 1961 e aprobadas pola Conferencia das Nacións Unidas en 1972 na que se estableceu un protocolo ao que están adheridas todas as nacións que forman parte da ONU. As listas foron revisadas nunha convención internacional celebrada en Viena en 1971.
De seguido veremos algunhas cuestións relativas ás listas de estupefacientes:
Lista I: Inclúe
estupefacientes que esixen receita oficial de estupefacientes
para a súa
dispensación, e outros prohibidos, que tamén están incluídos na lista IV. Os
que poden dispensarse deben estar identificados co símbolo
. A dispensación
debe quedar rexistrada nun
libro de estupefacientes
e máis nun
libro
receitario
.

Lista II: Inclúe estupefacientes que deben ser dispensados con receita médica. Deben estar identificados co símbolo ¡. Dado que non teñen ningún símbolo diferenciador, a dispensación das especialidades farmacéuticas con estes estupefacientes non debe quedar rexistrada, pero se se fai unha fórmula maxistral con algún deles a dispensación debe quedar recollida no libro de estupefacientes e máis no libro receitario.
Lista III: Inclúe, entre outros, moitos dos estupefacientes contidos na lista II e, polo tanto, deben ser dispensados con receita médica e estar identificados co símbolo ¡. Coma no caso anterior e como non teñen ningún símbolo diferenciador, a dispensación das especialidades farmacéuticas con estes estupefacientes non debe quedar rexistrada, pero se se fai unha fórmula maxistral con algún deles a dispensación debe quedar recollida no libro de estupefacientes e máis no libro receitario.
Lista IV: Inclúe estupefacientes prohibidos.
En canto aos psicótropos, as listas son as que seguen:
Lista I: Inclúe psicótropos prohibidos.
Listas II, III e IV:
Inclúe psicótropos que deben ser dispensados con receita médica e deben estar
identificados co símbolo
.

Ademais destes en
España inclúense nun novo listado (relación de psicótropos non incluídos nas
listas) outros psicótropos que precisan receita médica e están identificados
polo símbolo
,aínda que
actualmente en España non hai comercializada ningunha especialidade farmacéutica
que os inclúa.
Como cos estupefacientes, a dispensación de substancias psicótropas polas oficinas de farmacia deberá quedar consignada no libro de estupefacientes (se é unha fórmula maxistral) e no libro receitario (se é unha especialidade farmacéutica). No caso dos psicótropos da relación de psicótropos non incluídos nas listas, a súa dispensación debe quedar recollida no libro receitario.
D.- Medicamentos de plantas medicinais: Son plantas, mesturas ou preparados obtidos de plantas en forma de extractos, liofilizados, destilados, tinturas, cocementos ou calquera outra preparación galénica que teña unha utilidade terapéutica, diagnóstica ou preventiva. Seguen o réxime establecido para as fórmulas maxistrais, preparados oficinais ou especialidades farmacéuticas segundo proceda.

Para regular a comercialización destes medicamentos existe un rexistro especial de plantas medicinais (RAEFAR-P).

E.- Medicamentos veterinarios: Son medicamentos de uso en animais que inclúen:
Especialidades farmacéuticas de uso veterinario.
Medicamentos prefabricados de uso veterinario.
Premesturas medicamentosas e productos intermedios elaborados coas mesmas con destino a pensos.
Fórmulas maxistrais destinadas a animais.
Preparados ou fórmulas oficinais destinadas a animais.
Autovacinas de uso veterinario.

F.-
Radiofármacos:
Son fármacos que inclúen isótopos radioactivos
, é dicir, substancias que
emiten radiacións, polo que o seu uso é baixo control médico e nunhas condicións
moi especiais, case sempre en laboratorios ou unidades de Medicina Nuclear en
hospitais.
O envase e a
embalaxe
exterior destes medicamentos deben estar
etiquetados segundo as disposicións
legais ao efecto e deben estar identificados co símbolo
.
Ademais deben ter unha blindaxe de protección e deberán incluír a cantidade de radioactividade por dose e por vial e o número de cápsulas ou, se se trata de líquidos, o número de mililitros contidos no envase.
G.- Medicamentos homeopáticos: A Administración recoñece dous tipos de medicamentos homeopáticos:
Os que teñen unha indicación terapéutica aprobada (especialidade farmacéutica aprobada). Deben ser autorizados nas mesmas condicións que as especialidades farmacéuticas.
Os que non teñen unha indicación terapéutica aprobada. Neste caso só serán autorizados se se cumpren os seguintes requisitos:
Que a súa vía de administración sexa oral ou externa.
Ausencia de indicación terapéutica particular na etiqueta e en calquera información relativa ao medicamento.
Que o seu grao de dilución garanta a inocuidade do medicamento.
A estes medicamentos non se lles asigna Código Nacional.

H.- Gases medicinais: A Lei
do Medicamento
recoñece como
medicamentos os gases medicinais e fai unha
especial referencia aos gases medicinais licuados, entendendo por tales o
osíxeno líquido, nitróxeno líquido e protóxido de nitróxeno líquido así como
calquera outro que, con semellantes características e utilización, poidan
fabricarse no futuro. Estes gases licuados poden subministrarse aos centros
asistenciais, socio-sanitarios e a pacientes sometidos a terapia respiratoria a
domicilio.

|
|
Nesta unidade aprendes cales son os medicamentos especiais e as súas características dos medicamentos especiais. Debes prestar especial atención aos estupefacientes e psicótropos, sobre todo as listas e os símbolos que os identifican, así como os rexistros que hai que facer na súa dispensación.Repasa e memoriza os conceptos de soro, vacina, toxina, alérxeno, extracto, liofilizado, destilado, etiquetado e terapéutica. Repasa as definicións de dispensación e dose. Aprende que son o libro receitario e o libro de estupefacientes. |