Imprimir este contido

 

3. Condicións básicas que deben reunir as fórmulas maxistrais >> 30 minutos

 

As fórmulas maxistrais son medicamentos destinados a un paciente individualizado, preparados polo farmacéutico/a, ou baixo a súa dirección, para cumprimentar expresamente unha prescrición facultativa detallada das substancias medicinais que inclúe, segundo as normas técnicas e científicas da arte farmacéutica, dispensado na súa farmacia ou servizo farmacéutico e coa debida información ao usuario/a nos termos previstos na lexislación vixente.

Na Comunidade Autónoma de Galicia publicouse a finais do ano 2003 un decreto que regula as actividades de elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparados ou fórmulas oficinais segundo o cal as oficinas de farmacia e servizos de farmacia hospitalaria deben contar cunha autorización específica e ser catalogados para a elaboración de fórmulas maxistrais (e fórmulas oficinais) e cumprir cunha serie de requisitos, entre os que destacan:

 

Nesta unidade debes aprender sobre as condicións que deben cumprir as fórmulas maxistrais. Revisa e memoriza a definición de prescrición. Repasa as definicións de: Substancia medicinal, medicamento, fórmula maxistral e fórmula oficinal. Aprende que é o Formulario Nacional e as normas de correcta elaboración e control de calidade.