|
|
|
|
4. Condicións básicas que deben reunir as fórmulas oficinais >> 20 minutos |
|
Unha
fórmula oficinal
defínese como aquel
medicamento elaborado e garantido
por un farmacéutico/a ou baixo a súa dirección,
dispensado na súa oficina de
farmacia ou servizo farmacéutico, enumerado e descrito polo
Formulario Nacional
, destinado á
entrega directa aos doentes aos que abastece a dita farmacia ou servizo
farmacéutico, sempre que conte coa autorización correspondente e dispoña do
material esixido
.
Como as
fórmulas maxistrais, os
preparados ou fórmulas oficinais deben ser preparados con
substancias medicinais de
acción e indicación recoñecidas oficialmente en España e segundo a tipificación
contida no Formulario Nacional
.
Deben estar enumerados e descritos polo Formulario Nacional.
Deben cumprir as
normas da
Real Farmacopea Española
.
Deben ser elaborados e garantidos por un farmacéutico/a da oficina de farmacia ou do servizo farmacéutico que os dispense, segundo as normas de correcta elaboración e de control de calidade.
Deben necesariamente presentarse e dispensarse baixo denominación xenérica e en ningún caso baixo marca comercial.
Deben ir acompañados do nome do farmacéutico/a que os prepare e da información suficiente que garanta a súa correcta identificación e conservación, así como a súa segura utilización.
|
|
Nesta unidade aprendes as condicións que deben cumprir as fórmulas oficinais. Repasa e memoriza a definición de denominación xenérica. Repasa as definicións de Substancia medicinal, medicamento, fórmula maxistral, dispensación e Formulario Nacional. Aprende que é a Real Farmacopea Española |