|
|
|
|
3. Normas de etiquetado >> 50 minutos |
|
Na embalaxe exterior e/ou no cupón-precinto deben consignarse obrigatoriamente unha serie de símbolos, siglas e lendas (segundo se precise).
Agás no caso
específico das
especialidades farmacéuticas xenéricas os símbolos e siglas
deben situarse no ángulo superior dereito de ambas as dúas caras principais da
embalaxe exterior, ao lado dereito ou debaixo do número do
Código Nacional de
Medicamentos (CN)
, e no ángulo superior dereito do
acondicionamento primario.

No caso das
EFG as
siglas deben estar na mesma liña e a continuación da denominación do medicamento
sempre que esta denominación apareza tanto na embalaxe exterior, no
acondicionamento primario, no cupón-precinto e no
prospecto. En ningún caso
deben aparecer ao carón dos símbolos e, no caso do cupón-precinto, nunca poden
estar situadas xunto ás siglas
A.S.S.S
, na liña do nome do laboratorio ou na liña
do CN.

Cando se trata de medicamentos extemporáneos multidose debe haber un recadro para que o usuario/a poña a data de reconstitución, tanto na embalaxe exterior como no acondicionamento primario, xunto ao texto que especifica o prazo de validez, e segundo o seguinte modelo:
|
RECONSTITUÍDO Día/Mes:
|
Ademais, pódense incluír outros motivos gráficos sempre que sexan conformes á
ficha técnica, non teñan carácter publicitario e sexan adecuados para facilitar
a interpretación polos consumidores/as e usuarios/as.
Símbolos:



Exemplos:







|
|
Nesta unidade aprendes as siglas, símbolos e lendas que aparecen nas especialidades farmacéuticas. Repasa e memoriza os conceptos de acondicionamento primario, medicamento extemporáneo, código nacional e A.S.S.S. Revisa os conceptos de especialidade farmacéutica xenérica, cupón-precinto e embalaxe exterior. Aprende os símbolos, siglas e lendas utilizadas no etiquetado dos medicamentos facendo un pequeno cadro-resumo (ten en conta que as combinacións son moitas) coa súa localización. |