Imprimir este contido

 

7. Información no cupón-precinto >> 50 minutos

 

O cupón-precinto das especialidades farmacéuticas sitúase na embalaxe ou no acondicionamento primario e serve como xustificante de dispensación con cargo ao sistema sanitario público pegándoo na receita.

Nos cupóns das especialidades farmacéuticas distínguense dúas zonas: A (superior) e B (inferior).

 

Interpretación do cupón-precinto dunha especialidade farmacéutica

 

Hai que facer algunhas consideracións respecto a diferencias no cupón-precinto dependendo do tipo de especialidade farmacéutica:

Exemplos:

Cupón-precinto dunha especialidade farmacéutica de aportación normal.

Cupón-precinto dunha especialidade farmacéutica de aportación reducida (leva cícero).

Trátase dunha especialidade farmacéutica xenérica (EFG) bioequivalente (EQ).

É para tratamento de longa duración (TLD).

Cupón-precinto dunha especialidade farmacéutica de Real Decreto 1663/1998.

É unha especialidade bioequivalente (EQ).

Cupón-precinto dun antipsicóticos atípicos que precisa homologación sanitaria para os usuarios/as de SERGAS e ISFAS maiores de 75 anos.

Cupón-precinto dunha especialidade farmacéutica de aportación normal que esixe homologación sanitaria.

Cupón-precinto dunha especialidade farmacéutica de aportación normal para diagnóstico hospitalario (DH) que esixe homologación sanitaria.

Cupón-precinto dunha especialidade farmacéutica de aportación normal e especial control médico que precisa homologación sanitaria.

 

Esta é unha unidade moi importante que complementa o aprendido sobre dispensación de medicamentos , que debes repasar. Aprende o concepto de cícero, antipsicótico activo e A.S.S.S. Repasa os conceptos de dispensación, prescrición, código nacional, homologación e bioequivalencia. Revisa medicamentos que teñan cupón-precinto e identifica o tratamento que hai que darlles no proceso de dispensación. Lé o Real Decreto 1663/1998 .