|
|
|
|
6. Dispensación de medicamentos >> 100 minutos |
|
Enténdese por dispensación o acto profesional que efectúa un farmacéutico polo que pon en contacto un determinado medicamento coa persoa para a que foi prescrito dito medicamento, considerando todas as circunstancias clínicas da persoa e as propias do medicamento. É dicir, dispensar non é exclusivamente entregar un medicamento solicitado por unha persoa na oficina de farmacia (iso sería a venda), senón que forma parte dun concepto máis amplo integrado dentro do que se denomina atención farmacéutica, un término relativamente novo e adoptado para establecer o papel do farmacéutico nos problemas de saúde relacionados cos medicamentos e fortalecer o papel que o farmacéutico pode desempeñar nos equipos de saúde pública.
No ano 2001 presentouse
o Documento de Consenso en Atención Farmacéutica
que define a atención farmacéutica
como:
|
A participación activa do farmacéutico para a asistencia ao paciente na dispensación e seguimento dun tratamento fármaco-terapéutico, cooperando así co médico e outros profesionais sanitarios a fin de conseguir resultados que melloren a calidade de vida do paciente. |
Nesta definición a atención farmacéutica inclúe unha serie de accións dirixidas ao usuario/paciente:
Dispensación activa, sendo crucial a información que o farmacéutico lle dá ao usuario/a sobre o medicamento que vai tomar (consello farmacéutico): posoloxía, forma de administración, comprensión das instrucións do médico,…
Prevención de enfermidades.
Educación sanitaria.
Consello farmacéutico para o alivio das afeccións leves.
Promoción da saúde.
Do mesmo xeito inclúe unha serie de accións dirixidas ao medicamento:
Formulación maxistral individualizada
.
Seguimento farmacoterapéutico (farmacovixilancia
).
A dispensación: En xeral todos os medicamentos deben ser dispensados con receita médica (medicamentos éticos), sobre todo cando se dean estas circunstancias:
Cando revistan un perigo directo ou indirecto para a saúde nas condicións normais de uso se se utilizan sen control médico.
Cando se usen moi frecuentemente en condicións anormais e iso poida supoñer un risco para a saúde.
Cando conteñan substancias con efectos pouco coñecidos.
Cando se administren por vía parenteral.
A identificación da necesidade de receita é co símbolo
¡ na esquina superior
dereita da
embalaxe da especialidade, á dereita do
código nacional
.

Unha
receita médica é un documento asinado por un/ha médico autorizado (debe estar colexiado) no que se fai unha prescrición dunha
especialidade farmacéutica, unha
fórmula maxistral ou un
produto sanitario. No caso de receitas do Servizo Galego
de Saúde deben
ir acompañadas da tarxeta sanitaria (TIS) para formalizar a dispensación. En moitas ocasións
a receita debe estar validada (homologada) segundo o procedemento que
se verá máis abaixo
.

Imaxe
obtida da páxina web do Servicio Galego de Saúde
![]()
Como norma xeral nunha receita só se pode prescribir un envase dun determinado medicamento. Non obstante establécense as seguintes excepcións (pode que agora non o entendas pero podes volver a revisalo tras estudar a unidade 2):
|
1. Un só envase dunha especialidade farmacéutica a excepción de:
|
Existen numerosos tipos de receita, algunas privadas e outras de organismos oficiais. Neste segundo caso, e dependendo do medicamento, o prezo está financiado en todo ou parte pola Administración.
Entre as receitas máis utilizadas nas oficinas de farmacia destacan as seguintes:
Receitas oficiais do sistema sanitario público (SERGAS):
Receita por enfermidade común ou accidente non laboral para traballadores/as en activo: é unha receita de cor verde con dous corpos, un para o farmacéutico e outro para o paciente. No reverso da primeira copia hai espazo para dilixenciar unha substitución de medicamentos.
Agás nos casos especiais de financiación, as
especialidades dispensadas con esta receita teñen unha aportación do 40 % ou do
10 % no caso de que teñan
cícero (un punto negro na esquina superior esquerda do
cupón-precinto
).


Anverso dunha receita de activo do SERGAS

Reverso dunha receita de activo do SERGAS co espazo para dilixenciar substitucións
Receita por enfermidade común ou accidente non laboral para pensionistas: é unha receita de cor vermella con dous corpos, un para o farmacéutico e outro para o paciente. Coma no caso das receitas de activos, no reverso da primeira copia pode dilixenciarse unha substitución.
Estas receitas están exentas de aportación, independentemente da especialidade.

Anverso dunha receita de pensionista do SERGAS

Instrucións para o paciente (2º copia) dunha receita de pensionista do SERGAS
Receita por accidente de traballo ou enfermidade profesional: é unha receita de cor azul con dous corpos, un para o farmacéutico e outro para o paciente. Tamén se inclúe no reverso da primeira copia a dilixencia de substitución.

Receita non facturable con cargo ao Servizo Galego de Saúde: é unha receita de cor blanca cun único corpo.

Receitas de mutualidades: Son receitas moi parecidas entre si que teñen un único corpo de receita. No seu reverso aparecen instrucións e a dilixencia de substitución.
Receita de MUFACE (Mutualidade de Funcionarios Civís do Estado).


Anverso e reverso dunha receita de MUFACE
Receita de ISFAS (Instituto das Forzas Armadas). Neste caso, no reverso da receita tamén se inclúe espazo para dilixenciar un visado.


Anverso e reverso dunha receita de ISFAS.
Receita de MUGEJU (Mutualidade Xeral Xudicial). Son iguais ás de MUFACE. Tan só cambia o logotipo de MUFACE polo de MUGEJU.
No caso das receitas de mutualidades a aportación é do 30 % ou 10 % se a especialidade ten cícero.
Non existen receitas de pensionista nas mutualidades.
Receita
oficial de
estupefacientes: Utilizada para a
prescrición de estupefacientes da lista I
.
É unha receita de dous corpos que esixe, en todos os casos, unha homologación,
como se verá ao final do contido. Na unidade 6 tratarase con máis detalle a
receita de estupefacientes
.

Receita veterinaria: É a receita que se utiliza para a
prescrición de
medicamentos veterinarios. Trátase dunha receita especial de tres corpos da que
se falará na unidade 5
.

Aínda que, en xeral, calquera medicamento debe dispensarse previa presentación dunha receita, existen toda unha serie de excepcións:
Especialidades farmacéuticas de dispensación sen receita e especialidades farmacéuticas publicitarias: Existen especialidades farmacéuticas que se dispensan con receita e especialidades farmacéuticas que se dispensan sen receita.
Están exentas de dispensación con receita médica as especialidades farmacéuticas destinadas a patoloxías que non esixen un diagnóstico preciso ou aqueloutras que non supoñen riscos directos ou indirectos para a saúde das persoas.
Entre as especialidades farmacéuticas que non esixen receita para a súa dispensación, o Ministerio de Sanidade pode autorizar o uso de publicidade (estas especialidades deben estar identificadas polas siglas EFP na esquina superior dereita da caixa da especialidade e non teñen cupón-precinto) sempre que se dean os seguintes requisitos:
Non estean destinadas á prevención ou curación de patoloxías que requiran diagnóstico ou prescrición facultativa ou aqueloutras patoloxías que determine o Ministerio de Sanidade.
Estean destinadas á prevención, alivio ou tratamento de síndromes ou síntomas menores.
Se formulen coas substancias medicinais expresamente establecidas polo Ministerio nunha lista positiva, que é revisada periodicamente.
Deben demostrar, con ampla experiencia, ser seguras e eficaces para a indicación terapéutica correspondente.
Non se poida facer uso, na súa aplicación, da vía parenteral ou de calquera outra vía inxectable.

En canto ás mensaxes publicitarias das EFP, deben reunir os seguintes requisitos:
Axustarse ás condicións e esixencias que figuren no ficheiro do Rexistro e Autorización de Especialidades Farmacéuticas.
Conter os datos identificativos e recomendacións legalmente establecidas para promover o uso racional, evitar o abuso e previr os riscos derivados da utilización normal.
Non incluír expresións que proporcionen seguridade de curación, testemuños sobre as virtudes do produto nin testemuños de profesionais ou de persoas que, pola súa notoriedade, poidan inducir o seu consumo.
Non utilizar como argumento publicitario o feito de ter obtido autorización sanitaria en calquera país ou calquera outra autorización, número de rexistro sanitario ou certificación que corresponda expedir, nin os controis ou análises que compete executar ás autoridades sanitarias segundo o disposto nas Leis.
En todo caso, as especialidades farmacéuticas que non requiran receita médica deben levar na embalaxe, no envase, no etiquetado e no prospecto as advertencias que conveñan á súa natureza e, en especial, aquelas destinadas a previr o uso indebido e os riscos derivados da súa utilización normal.
As EFP non poden ser financiadas con fondos públicos.
Hai medicamentos que pola súa natureza esixen uns requisitos especiais de dispensación, entre eles:
Os medicamentos para tratamentos de longa duración (TLD). Trátase dunha serie de especialidades farmacéuticas que se utilizan en tratamentos longos e que están especificamente autorizadas como TLD, siglas que deben aparecer tanto na embalaxe como no cupón-precinto.


Aínda que legalmente está autorizado o uso de receitas especiais para este tipo de tratamentos o SERGAS non as utiliza. A diferencia con outras receitas é que as de TLD teñen catro corpos de receita, unha para cada dispensación (cun máximo de catro).
Os medicamentos suxeitos a condicións especiais de dispensación
(estupefacientes e psicótropos), tal e como se describiu máis
arriba
.
Os medicamentos
sometidos a condicións restrinxidas reservadas a determinados
medios especializados, como os medicamentos de uso hospitalario, identificados coa sigla
H na embalaxe e o símbolo
no cupón-precinto, ou os medicamentos de diagnóstico hospitalario,
identificados polas siglas DH na embalaxe e o símbolo
no cupón-precinto.


Os medicamentos
sometidos a especial control médico (ECM) que son os que,
utilizados en pacientes ambulatorios, poden ter un risco grave para a súa saúde.
A dispensación destes medicamentos debe quedar recollida no
libro receitario
.
Estes medicamentos están identificados pola siglas ECM
tanto na embalaxe como no cupón-precinto.


Especialidades
farmacéuticas con Indicación Terapéutica Financiada, regulamentadas polo Real Decreto 1663/1998
e identificadas pola letra
I no
cupón-precinto. Neste caso
o/a médico debe escribir na receita a lenda “RD 1663/1998” se se trata do
Sergas; Non é necesario nas mutualidades e
ISFAS.


Especialidades de campaña sanitaria: Trátase de especialidades farmacéuticas que se utilizan en determinadas situacións especiais:
Campaña Sanitaria para pacientes diagnosticados da SIDA. Estes pacientes poden solicitar na inspección a aportación reducida da prestación farmacéutica, polo que só abonarán o 10 % do custo de todos os medicamentos utilizados no seu tratamento. As receitas deben levar a lenda "Campaña Sanitaria".
Pacientes afectados
polo Síndrome do Aceite Tóxico
(síndrome tóxico por aceite de colza adulterado).
Estas receitas deben estar identificadas coa lenda
“Síndrome tóxico sen aportación”. Os medicamentos utilizados están exentos de
aportación.
Campaña Sanitaria EA (exentas de aportación). Esta campaña inclúe só especialidades utilizadas no tratamento da tuberculose. As receitas deben estar identificadas coa lenda “Campaña Sanitaria EA” e, coma no caso anterior, están exentas de aportación.
Ademais destas hai que facer referencia a outros medicamentos ou especialidades que ademais de ter unhas condicións especiais de dispensación teñen tamén un tratamento específico das receitas para a súa facturación, fundamentalmente porque os produtos e especialidades receitadas non teñen cupón-precinto, polo que se substitúe este por un carimbo especial:
|
|
Tiras reactivas de glicosa en sangue: Trátase de produtos sanitarios utilizados para o control ambulatorio da taxa de glicosa en sangue (glicemia). Para dispensar estas tiras é preciso que o usuario/a homologue a receita. Unha vez que se cumprimenta a dispensación, e como as tiras non posúen cupón-precinto, na farmacia debemos poñerlle á receita un carimbo identificado co número 500033. En calquera caso estas tiras non teñen aportación. |
![]() |
Fórmulas maxistrais de aportación normal: No caso das fórmulas, e unha vez dispensada, debemos poñer na receita un carimbo identificado co número 500017 e no reverso da receita debemos valorar a fórmula de forma detallada: honorarios, materias e prezo sen e con IVE (este prezo con IVE tamén se debe poñer no anverso da receita). |
![]() |
Fórmulas maxistrais de aportación reducida: Se a fórmula é de aportación reducida, o carimbo a utilizar é o que ten o número 500058 e no reverso da receita debemos valorar a fórmula de forma detallada: honorarios, materias e prezo sen e con IVE (este prezo con IVE tamén se debe poñer no anverso da receita). |
![]() |
Vacinas antialérxicas: Neste caso debemos poñer na receita o carimbo co número 500009. No caso de MUFACE a receita precisa visado. |
![]() |
Tratamentos dietoterápicos e nutrición enteral domiciliaria: No caso de MUFACE as receitas factúranse co CN do produto, mentres que en ISFAS e MUGEJU hay que poñer o carimbo co número 500025 e non teñen aportación. |
![]() |
Medias de compresión normal: Este tipo de receitas esixen homologación (as de compresión forte non) e unha vez dispensadas debemos poñer na receita o carimbo co número 500041. Aínda que no selo aparece a aportación 40 %, o usuario/a debe abona a aportación correspondente a súa financiación. |
Porcentaxes de aportación: Na seguinte táboa resúmese a aportación das especialidades farmacéuticas financiadas segundo o tipo de receita e tipo de especialidade:
|
MUFACE |
MUGEJU |
ISFAS |
SERGAS |
TIPO DE PRODUTO |
|
|
30% |
30% |
30% |
40% |
Especialidades con cupón-precinto. |
|
|
10% |
10% |
10% |
10% |
Especialidades con cupón-precinto e
cícero. |
|
|
30% (*) |
30% (*) |
30% (*) |
40% (*) |
Especialidades de Especial Control Médico. |
|
|
30% (*) |
30% (*) |
30% (*) |
40% (*) |
Diagnóstico Hospitalario |
Sen cícero en cupón-precinto. |
|
10% |
10% |
10% |
10% |
Con cícero en cupón-precinto. |
|
|
30% (*) |
30% (*) |
30% (*) |
40% (*) |
Vacinas antialérxicas. |
|
|
30% (*) |
30% (*) |
30% (*) |
40% (*) |
Vacinas bacterianas. |
|
|
0 € |
0 € |
0 € |
0 € (*) |
NOTA 2: Dietoterápicos con cupón-precinto. |
|
|
30% |
30% |
30% |
40% |
Fórmulas maxistrais e produtos galénicos. |
|
|
30% (*) |
30% (*) |
30% (*) |
40% (*) |
Vacinas antihepatite soas ou asociadas (con cupón-precinto diferenciado). |
|
(*) Precisan homologación.
NOTA 1.- Vacinas antialérxicas con visado: Son as vacinas que conteñen os seguintes alérxenos: ácaros, po, pólenes, fungos, epitelios e mezclas de antíxeno compatibles; fungos-po e ácaros-po.
NOTA 2.- A OM do 30 de abril de 1997 e a OM de 2 de xuño de 1998, desenvolven o RD 63/95 de 20 de xaneiro sobre Prestacións Sanitarias do Sistema Nacional de Saúde (SNS) para alimentos dietéticos destinados a usos médicos especiais e nutrición enteral domiciliara respectivamente.
Todo produto que non figura nos apartados anteriores e que sexan visados, a súa aportación será do 40% (SNS) e do 30% para o resto das entidades.
Homologación de
receitas: A Lei de Medicamento
establece que a dispensación de determinados
medicamentos, produtos e dietoterápicos esixe unha supervisión (visado) por
parte dos servizos con responsabilidade (inspección). Na Comunidade Autónoma de
Galicia substituíuse o termo visado polo de homologación sanitaria das receitas do
SERGAS, consistente na verificación previa á dispensación das prescricións en
receita oficial e que segue os seguintes criterios:
A homologación realízase por persoal sanitario facultativo farmacéutico pertencente aos servizos de asistencia do Servizo Galego de Saúde.
Para homologar unha receita o paciente ou persoa que o representa debe presentar nos centros autorizados as receitas oficiais, a tarxeta sanitaria (TIS) do paciente e un informe clínico do médico prescritor.
A homologación sanitaria formalízase facendo constar nas receitas unha etiqueta normalizada cos seguintes datos:
Centro: Código do centro homologador.
Fco: Clave do farmacéutico que formaliza a homologación.
Env: Número de envases do medicamento ou produto prescrito.
Data: Data en que se formaliza a homologación sanitaria.
Nº: Número de homologación sanitaria emitido polo sistema homologador.

A etiqueta debe pegarse na zona da receita destinada a advertencias ao farmacéutico dispensador, zona na que tamén debe asinar o farmacéutico homologador.
As receitas homologadas teñen un prazo de validez de 10 días naturais a partir da data de homologación, agás no caso de extractos hiposensibilizantes e vacinas bacterianas individualizadas, que teñen un prazo de validez de 60 días.
|
NOTA: Dende o 1 de febreiro de 2005
é precisa a homologación para as receitas de
antipsicóticos atípicos
Esta norma afecta ás seguintes especialidades:
|
Dispensación de medicamentos a estranxeiros: Todos os portadores da tarxeta sanitaria europea teñen os mesmos dereitos en canto á prescrición e dispensación de medicamentos e realízase sempre coa aportación correspondente e en receita de traballador activo. No caso dos pensionistas que no seu país teñan dereito a farmacia gratuíta, deberán abonar o prezo total do medicamento e solicitar na oficina de farmacia a emisión dunha factura para reclamar o reintegro dos gastos no país de orixe.


No caso de países non comunitarios cos que España ten subscrito convenio bilateral de seguridade social (Andorra, Brasil, Chile, Ecuador, Paraguai e Perú), os portadores do correspondente documento acreditativo teñen dereito á asistencia urxente e á prestación farmacéutica que corresponda xa que os formularios indican se o titular é activo ou pensionista.
|
|
Esta é unha das unidades máis importantes que tes que saber porque nela aprendes sobre o acto da dispensación.Aprende os novos conceptos vistos nesta unidade: Antipsicótico, atención farmacéutica, consello farmacéutico, posoloxía, farmacovixilancia, parenteral, TIS, homologación, cícero, cupón-precinto, MUFACE, MUGEJU, ISFAS e SERGAS. Fíxate nos diferentes tipos de especialidades farmacéuticas e as condicións de dispensación, identificando as siglas e os símbolos tanto na embalaxe como no cupón-precinto. Identifica os diferentes tipos de receitas e a aportación segundo a especialidade farmacéutica. Memoriza o concepto de atención farmacéutica e revisa a definición de dispensación. Recoñece os diferentes tipos de receitas e os carimbos de utilización en oficinas de farmacia. Comproba que sabes as porcentaxes de aportación segundo o tipo de receita e especialidade farmacéutica. Aprende sobre os medicamentos de "Real Decreto". Aprende os diferentes métodos de dispensación e homologación sanitaria de receitas. |