páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 
       
         
   
I Certame literario "Casa dos Cregos"
   
         
   

A casa de turismo rural "Casa dos Cregos", situada en Bascuas, convocou por vez primeira neste ano 2004 un certame literario que leva o seu nome. O tema desta primeira edición era: "Fala do teu curruncho preferido no noso concello" e estaba dirixido a todo o alumnado dos centros de ensino do concello de Vila de Cruces.
Establecéronse 4 categorías:
1ª categoría: alumnado de 5º ou 6º de Primaria.
2ª categoría: alumnado de 1º ou 2º de ESO.
3ª categoría: alumnado de 3º ou 4º de ESO.
4ª categoría: alumnado de 1º ou 2º de Bacharelato ou Ciclos Formativos.
O xurado estivo formado por Anisia Miranda, Paz Lamas, Sinesio Soto, Jesús Pereiro e Séchu Sende e actuou como secretaria Rosa Salgueiro, con voz pero sen voto.

  As premiadas do noso centro foron Karlota Salgado Leal (4º ESO), Merichel Vicente Rey (3º ESO) e Silvia Rey Souto (3º ESO).
Karlota Salgado recibiu o 1º premio polo texto titulado "As Codeseiras", do que o xurado destacou a "excelente creación dunha atmosfera lírica moi persoal".
O 2º premio correspondeulle a Merichel Vicente por "A casa vella onde vivían os meus antepasados", texto dunha gran "calidade narrativa e precisión á hora de plasmar emocións" na opinión do xurado.
Tamén se lle concedeu un accésit a Silvia Rey polo traballo "O meu lugar" pola "orixinalidade e a defensa da necesidade de conservar as orixes".
Finalmente, o xurado destacou a calidade da contribución de Alexandra Radu e felicitouna polos avances realizados no seu proceso de convivencia, posto que aínda non hai un ano que está entre nós.
Karlota SalgadoMerichel VicenteSilvia ReyAlexandra Radu
   
Faro de Vigo, 8 de maio de 2004


   
       
    Aquí tedes fotos do acto de entrega de premios, que se celebrou o 7 de maio de 2004 no Auditorio de Merza. Se as queredes ver máis grandes picade dentro delas.    
         
   


 

 

 
       
             
   
   


Volver ó índice de Un pouco de todo
   

Volver ao índice de recreo