A festa do Entroido posúe un acentuado carácter gastronómico: é momento de fartura e de abundancia na mesa, antítese do tempo de prohibición que se aveciña, a Coresma. Celébranse comidas familiares e veciñais, festas gastronómicas, peticións de alimentos polas casas, agasallos e invitacións mutuas. A gran comida ten lugar Martes de Entroido ou Lardeiro;  nalgunhas zonas trasládase ó Domingo Lardeiro ou o xoves anterior, chamado tamén xoves Lardeiro.

 

      O porco é o rei da festa. O Entroido é a primeira festa popular que se celebra despois da matanza, que ten lugar a finais de decembro ou principios de xaneiro. Nestas datas cómese a cachucha, cachola, cacheira,..., que é a cabeza do porco, cocida con grelos, patacas, chourizos, rabo. O lacón con grelos.  O cocido, con carne de porco , chourizos, touciño, galiña ou polo, carne de vaca, unto, repolo e fabas ou garbanzos. Nalgunhas zonas preparan o botelo ou androlla, embutidos feitos co intestino groso do porco.

 

 
Cocido galego.    ( Ó xeito de Carme)

 

Ingredientes

viñeta

Carne de porco:
viñeta

Unto

viñeta

Touciño

( a carne de porco que se menciona a continuación debe botarse de remollo a noite anterior)
viñeta

Lacón

viñeta

Xamón

viñeta

Costela

viñeta

Pezuño

viñeta

Orella

viñeta

Cacheira

viñeta

Chourizos

viñeta

Carne de tenreira
viñeta

Costela

viñeta

Xarrete

viñeta

Verdura: grelos ou repolo

viñeta

Patacas

viñeta

Feixóns (botalos de remollo a noite antes).

 

Preparación

 

      Nunha ola con bastante auga , fría, métense ós feixóns e a carne. Ponse a lume forte ata que rompa a ferver. Déixase fervendo durante máis de dúas horas, a ola tapada e o lume non moi forte, pero comprobando que o conxunto ferve.

     As verduras cócense cando a carne xa vai case feita. Se son grelos hai que botalos mellor coas patacas, pois cocen antes que o repolo.

      As patacas  e os chourizos póñense a cocer a parte, pois só precisan media hora de cocción. As patacas irán peladas e enteiras.

      Finalmente, preséntase todo xunto, nas fontes que se precisen.

 

 

      Os doces de Entroido máis característicos e estendidos son as filloas e as orellas. Tamén son deste tempo a bica, as flores e as follas de limón.

 

 

Anterior        Seguinte