| As comidas máis utilizadas durante o carnaval do Hío, xa o dixemos anteriormente, son as filloas, as chulas, as orellas e o bandullo
|
||
|
Receitas
|
||
| Filloas | ||
Ingredientes:
|
||
Preparación:![]() Mesturar a fariña fina de millo coa fariña de trigo, o azucre, o sal, o lévedo, o aceite e os ovos nun tarro. Bater ben, engadindo pouco a pouco o leite e a auga ata obter unha pasta ben lisa e sen grumos. Engadir, entón, a pel dun limón ralada. De seguido, pór a quentar unha tixola antiadherente, ben engraxada. Cunha culler verter a pasta na tixola, formando unha capa moi fina. Deixar cocer a lume vivo polos dous lados, dándolle a volta cunha espátula. As filloas tanto se poden servir quentes coma frías, pero ben azucradas. |
||
| Chulas | ||
Ingredientes:
|
||
| Preparación: Pelar e cocer o cabazo. Despois bater os ovos e introducir o cabazo ben escorrida coa fariña, o azucre, o lévedo, a esencia e bater todo ata formar unha masa. Despois disto poñer bastante aceite e cando estea quente introducir as culleradas colmadas da masa feita. Logo poñelas na fonte botándolles azucre e servir. |
||
| Orellas | ||
Ingredientes:
|
||
| Preparación: Cos ingredientes sinalados formar unha masa que se nos despegue das mans incorporando, se fose preciso, unha pouca de auga. Deixar vir a masa unha media hora. A continuación estender a masa do xeito máis fino posible, cortar a masas en cadrados e fritilos en abundante aceite moi quente. Poñelos nunha fonte ben estirados e botarlles azucre. |
||
| Bandullo | ||
Ingredientes:
|
||
| Preparación: Poñer o pan en remollo mesturado co leite. Bater os ovos e incorporalos ó pan cunha culleradiña de lévedo e a raspadura do limón. A continuación bater todo ata facer unha masa e untar o molde onde imos facelo coa manteiga. Metelo no forno uns corenta e cinco minutos a uns 250º ata que estea callado.
|
||