O ARBOREDO DO MONTE DA CANTEIRA

 Un arboredo é unha zona na que a vexetación dominante son as árbores, é dicir, plantas leñosas de porte elevado (máis de 2 m de altura).

Perto do Instituto temos unha ampla zona de arboredo no Monte da Canteira. Non se trata propiamente dun bosque xa que este término se reserva para comunidades de orixe natural, mentres que o que nos ocupa é en boa parte resultado da actividade humana.

No Monte da canteira nos podemos atopar con catro especies distintas de árbores, duas de elas autóctonas e outras duas, as máis abondosas, introducidas artificialmente por mor da sua rendabilidade económica.

 

SOBREIRAS, CÉLULAS, ROBERT HOOKE E OS CIUMES DE NEWTON

Unha das árbores autóctonas que podemos atopar no Monte da Canteira é a sobreira (Quercus suber) que posue unha codia característica da que se obten a cortiza para facer os corchos.

No século XVII o científico inglés Robert Hooke observou ó microscopio unha fina lámina desta cortiza e viu que estaba formada por unhas celdiñas ocas ás que chamou células, nome que ainda hoxe perdura aplicada á unidade fundamental de tódolos seres vivos.

Robert Hooke foi un grande científico que fixo moitos e importantes descubrimentos (por exemplo a lei de Hooke referida á elasticidade dos corpos). Nembargantes non se conserva ningun retrato del e hai xente que pensa que é debido ós ciumes de Isaac Newton, para moitos o máis grande científico da historia da humanidade. 

 

marisma ] [ arboredo ] praia ] charca ]