|
A MARISMA DE REDONDELA |
|
|
|
|
|
Este anaco é o que queda do que hai anos foi unha extensa zona de marisma nas proximidades da vila de Redondela. (máis información) Unha marisma é una área perto da desembocadura dun río na que se mesturan a auga doce de éste ca salgada procedente do mar. Son zonas con poucas ondas e correntes, o que fai que os materiais traidos polo río se acumulen en grande cantidade permitindo que co paso do tempo se desenvolva unha vexetación característica que é asulagada periodicamente pola auga do mar. Máis información sobre as marismas.
|
|
|
A VEXETACIÓN DA MARISMA As plantas da marisma son moi especiais, pois teñen que resistir a grande cantidade de sal que trae a auga do mar e que mata ás plantas normais.
|
|
A vexetación nesta marisma esta formada por unha pradería na que domina a herva Paspalum que podes ver na imaxe da esquerda. Ademáis de esta planta existen outras, tamén típicas destas zonas como a Triglochin maritima ou a Cotula coronopifolia. Ésta última é orixinaria de Sudáfrica. A VISITA Á MARISMA Para visitar a marisma precisas levar calzado axeitado (o mellor son unhas botas de goma) e consultar antes unhas táboas de mareas xa que o mellor momento para a visita é na marea baixa.
A SALINIZACIÓN E A AGRICULTURA A salinización é o aumento da cantidade de sales no solo debido a causas moi variadas (climas áridos, excesivo regadío, etc.). Este aumento provoca importantes perdas na agricultura, xa que as plantas de cultivo normais non resisten elevadas concentracións de sal no solo. Estudiando os mecanismos dos que se valen as plantas das marismas para resistir estas salinidades e utilizando técnicas de enxeñería xenética se estan a conseguir variedades de plantas cultivadas que poden vivir nestas condicións.
|