|
A CHARCA |
||
|
Unha charca é unha pequena masa de auga, estancada ou con movemento lento, e que adoita albergar unha interesante comunidade de seres vivos. |
|
|
|
A carón do Instituto temos unha charca que se orixinou como resultado dos recheos da antiga marisma. Como podes ver na foto está prácticamente cuberta por vexetación |
||
|
A VIDA NA CHARCA |
||
|
A nosa charca, a pesares do lixo e recheos que a ameazan, conten unha importante comunidade de seres vivos. Polo que respecta á vexetación existen plantas de riveira como os salgueiros; plantas enraizadas no fondo da charca como as espadanas ou plantas fotantes como as lentellas de auga. Estas últimas (son as plantas con flores máis pequenas que existen) acadaron gran desenvolvemento nos últimos tempos, cubrindo case por completo a charca. Os animais máis ruidosos son as ras, pero encontramos varias especies de réptiles e de aves como o alavanco real ou o demo negro. |
||
|
OS MICROORGANISMOS DA CHARCA |
||
|
Un microorganismo ou microbio é un ser vivo que non se pode ver sen a axuda dun microscopio. Na charca esisten un grande número e variedade deles. Na foto da esquerda tes catro exemplos: 1- alga verde filamentosa; 2- alga verde unicelular (désmido); 3- crustáceo branquiópodo (pulga de auga); 4- protozoo ciliado |
||
|
|
||