OS RECHEOS NA MARISMA DE REDONDELA E O SEU EFECTO SOBRE A DINÁMICA LITORAL

AUTORES:

AUT.jpg (220789 bytes)Este traballo é o resultado dunha serie de actividades realizadas na asignatura de Xeoloxía de 2º de Bacharelado durante os cursos 2001-02, 2002-03 e especialmente no 2003-04 cos seguintes alumnos: SILVIA AMOEDO, ROMINA BARROS, OSCAR BLANCO, HUGO CRESPO, ESTEFANIA LAGO, ONAIRA MARTÍNEZ E MAYTE RIAL.

INTRODUCCIÓN

A vila de Redondela,como podes ver no mapa adxunto está situada na parte interna da Ría de Vigo ó Sur da Enseada de San Simón . Nas suas proximidades desembocan os rios Alvedosa-Maceiras (dous cauces fluviais que se xuntan dentro da vila pouco antes da sua desembocadura) polo Sur  e o Pexegueiro polo Norleste.

Antiguamente estas desembocaduras estaban ocupadas por unha ampla zona de marisma que foi recheada en varias etapas a partir dos anos 60. 

O obxetivo do noso traballo é estudiar as modificacións da zona cos recheos asi como a sua influencia na dinámica litoral.

 

 

METODOLOXÍA  

Para estudiar os cambios introducidos cos recheos elaboramos un croquis da situación anterior partindo da foto aerea do ano 1956 (vo americano) axudados por mapas e fotos antigas. Utilizando fotos aereas recentes e mapas modernos se elaborou un segundo croquis ca situación actual.

A dinámica litoral actual da zona a estudiamos mediante a toma de mostras de auga en catro puntos (situados no croquis 2) en marea alta viva (día 6 de Abril ás 17.36 cunha altura de 3,81 m) e en marea baixa viva (día 4 de Maio ás 10.20 cunha altura de 0,38 m). Nestas mostras determinamos a  conductividade mediante un conductivímetro de ahí calculamos a salinidade. 

 

RESULTADOS

Os resultados aparecen nas tres figuras inferiores. Na primeira (croquis 1) aparece a situación antes dos recheos. Na segunda (croquis 2) a situación despues dos recheos e a última é unha gráfica onde se recollen os resultados da salinidade en marea alta e baixa nos catro puntos de mostraxe. A liña de puntos desta gráfica se corresponde co límite entre auga doce e salobre

croq1.jpg (35571 bytes)

croq2.jpg (36699 bytes)

crge.jpg (67533 bytes)

DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS

Como se pode ver no croquis 1 na situación anterior ós recheros os ríos que desembocan no entorno de Redondela o facían en duas zonas de marisma: A Xunqueira, na parte Sur e a Marisma de Santa Mariña na parte Norte. Ambalas dúas se prolongaban cara a enseada de San Simón nunha chaira intermareal lamacenta que se corresponde co cono de dexencción dos ríos (ver mapa xeolóxico e foto aerea). Estas zonas estaban fortemente influenciadas polas mareas e ocupadas nas zonas máis altas por unha vexetación halófila típica de marisma na que destacaban os xuncos.

No croquis 2 e na foto aerea do ano 1997 se pode ver a amplitude dos recheos. Polo que respecta á  Xunqueira o río foi canalizado e as marxes recheadas e urbanizadas, conservandose  na actualidade o topónimo. Quedou sen rechear  unha pequena zona situada xusto na desembocadura actual do Alvedosa (sinalada ca letra M no croquis 2) que  é a única de toda a antiga marisma que conserva as características orixinais (vexetación halofila, canles mareais, etc. máis información).

No referente á marisma de Santa Mariña só quedaron sen rechear o cauce polo que desauga o río Pexegueiro cara a Enseada de San Simón e unha pequena zona a carón do Instituto coñecida como "A Charca". O último tramo do río está revestido de pedra pero o resto, asi como a charca, teñen as marxes sen urbanizar o que permite o desenvolvemento da vexetación (no ano 2004 foron adecentadas e restauradas polo Concello). Dos datos de salinidade se desprende que a influencia das mareas é na actualidade  moi pequena e se limita ó último tramo do río, polo que o resto (charca e resto do cauce) é un medio de auga doce. Isto provocou que a primitiva vexetación halofila fora sustituida por vexetación típica de augas doces como as espadanas (Iris, Typha). (Máis información)

 

 

FOTOS

FA56.jpg (92413 bytes)

ra1.jpg (110093 bytes)

ra2.jpg (122047 bytes)

Fa2.jpg (70649 bytes)

BIBLIOGRAFÍA

Fincham, A. A. Biología marina básica. Ed. Omega 1987

Nonn, H. Les regions cotieres de la Galice (Espagne). Etude geomorphologique. Publ. Fac. Lettres Univ. Strasbourg. These Doctorale. 1966

 CARTOGRAFÍA

I.G.N. Mapa topográfico nacional. Hoja nº  223-II Redondela. Edición 1979

I.G.N. Mapa topográfico nacional. Hoja nº  223- I Redondela. Edición 2001

I.G.M.E. Mapa geológico nacional Hoja nº  223 Vigo. 1981

 FOTOGRAFÍA AEREA

Servicio Geográfico del Ejercito vuelo 1956 rollo 141 fotograma 12866

I.G.N. vuelo 1997 HMN-223 P-1 Nº 0076

Concello de Redondela vuelo 1990 P-7 nº 279