UNIDADE 3 - O MERCADO: DEMANDA, OFERTA E EQUILIBRIO |
A oferta e a demanda son as dúas forzas que interactúan no mercado, determinando a cantidade negociada de cada ben (ou servizo) e o prezo ao que se vende.
Exemplo: o pasado día 23 de decembro de 2007, nun supermercado de Pontevedra estaba o quilo de cigalas a 129 €. É este o prezo normal do quilo de cigalas? É moi caro ou é barato? A que se debe este prezo? O ano anterior, o mesmo quilo de cigalas estaba a 178 €. Poderiamos pensar que neste caso as cigalas do ano 2007 eran baratas? Por que están máis baratas un ano que outro? Se ampliamos a información e vemos que os dous anos no supermercado pediron e venderon a mesma cantidade de cigalas. Por que variou o prezo?
3.1 - A DEMANDA
A demanda dun ben determina a cantidade do devandito ben que os compradores desexan comprar para cada nivel de prezo.
Probablemente se as cigalas estivesen a un prezo de 129 € durante outras tempadas, que non sexan vésperas de Nadal, non terían a mesma demanda, é dicir, a 129 € probablemente a demanda sería menor que a un prezo de 60 € e esta pola súa vez, sería menor dunhas cigalas a un prezo de 20 € o quilo. É dicir, para cada prezo, os consumidores demandarán unha determinada cantidade dun ben.
Pero hai máis factores que o mero prezo dun ben que afecta á demanda do mesmo. Para poder analizalo imos explicar primeiro o concepto de economía denominado “ceteris paribus”.
CETERIS PARIBUS A demanda dun ben está influída por numerosos factores, esta influencia adóitase medir “céteris páribus”. Esta expresión quere dicir literalmente “o resto permanece igual”. Para analizar a demanda dun ben debemos contemplar os diferentes factores que lle inflúen, pero de maneira illada. |
Supoñamos que a cantidade de cigalas vendidas neste supermercado sexa de 10 quilos, xa que é a demanda prevista polas encargadas da peixaría para un prezo de 129 €/K. Supoñamos que cando estaban analizando o pedido de cigalas, pensaran que se o prezo de venda ao público fóra de 100 €, pedirían 20 quilos; se fóra de 75 €/k pedirían 40 quilos; se fóra de 50 €/k pedirían 100 quilos. Non realizaron estimacións máis á baixa xa que non esperaban poder vendelas a un prezo inferior a esta a sabendas do prezo de custo deste produto nestas datas.
Supoñamos que no contorno do supermercado tocase o gordo da lotería, de habelo sabido, farían a mesma previsión de demanda para cada prezo? Probablemente haberían pedido cantidades moi superiores, ou ben se xa tiñan o pedido realizado, puxesen o prezo de venda ao público máis elevado. Ou por exemplo, Que pasaría se o prezo das Centolas fose moi baixo comparativamente co das cigalas? Que pasaría se o prezo dos camaróns fosen tamén moito máis baixo do habitual? Probablemente o prezo de todos estes factores afectasen á demanda de Cigalas.
En economía, para poder estudar correctamente as cantidades demandadas de Cigalas para cada prezo debemos analizar separadamente o efecto que ten cada un dos factores que inflúen na mesma. Venderanse cantidades diferentes de cigalas dependendo do seu prezo, do diñeiro de que dispoñan os consumidores, do prezo doutros bens que poidan substituír as cigalas, etc. É dicir, debemos analizar cada un dos factores independentemente, coma se non variasen os outros (CETERIS PARIBUS).
3.1.1 - Factores que determinan a demanda
Imos analizar cada un dos diferentes factores que determinan a demanda “ceteris paribus”, é dicir, ailladamente e supoñendo que os outros factores que determinan a demanda dun ben se manteñen constantes.
|
||||||||||
3.1.2 - Características da curva de demanda
Para poder determinar a función ou curva de demanda debemos sumar a demanda de cada un dos diferentes consumidores para cada prezo. O que desexamos determinar é a cantidade demandada para cada prezo, polo tanto, as variables a considerar serán prezo e cantidade.
Como viamos, estas dúas variables flutúan inversamente, é dicir, a maior prezo menor cantidade e a menor prezo maior cantidade demandada
![]() |
PPT: A función de demanda.
Vexamos no exemplo das Cigalas, segundo as previsións para cada prezo do supermercado como quedaría a súa demanda: (Represéntaa gráficamente)
3.1.3 - Movementos ao longo da curva de demanda e desprazamentos da curva de demanda
As variacións no prezo do ben provoca un movemento ao longo da curva de demanda mentres que variacións doutros factores (renda dos consumidores, prezo doutros bens, gustos ou expectativas) provocan un desprazamento de toda a curva de demanda para a dereita ou esquerda en función de que o seu efecto sexa positivo ou negativo.
As variacións no prezo do ben provoca un movemento ao longo da curva de demanda mentres que variacións doutros factores (renda dos consumidores, prezo de outros bens, gustos ou expectativas) provocan un desprazamento de toda a curva de demanda para a dereita ou esquerda en función de que o seu efecto sexa positivo ou negativo. |
|
Outras ligazóns interesantes sobre o tema:
Movementos ao longo da curva de demanda (eumed.net)
Desprazamentos da curva de demanda (eumed.net)
Que pasaría coa demanda das Cigalas se o prezo pasase de 129 a 100 euros? Produciríase un desprazamento ao longo da curva de demanda desde o punto A ao punto B, produciríase un aumento da cantidade demandada debido a que baixou o seu prezo. (Represéntaa gráficamente)