UNIDADE 3 - O MERCADO: DEMANDA, OFERTA E EQUILIBRIO |
A oferta e a demanda son as dúas forzas que interactúan no mercado, determinando a cantidade negociada de cada ben (ou servizo) e o prezo ao que se vende.
Exemplo: o pasado día 23 de decembro de 2007, nun supermercado de Pontevedra estaba o quilo de cigalas a 129 €. É este o prezo normal do quilo de cigalas? É moi caro ou é barato? A que se debe este prezo? O ano anterior, o mesmo quilo de cigalas estaba a 178 €. Poderiamos pensar que neste caso as cigalas do ano 2007 eran baratas? Por que están máis baratas un ano que outro? Se ampliamos a información e vemos que os dous anos no supermercado pediron e venderon a mesma cantidade de cigalas. Por que variou o prezo?
3.2 - A OFERTA
A oferta determina a cantidade dun ben que os vendedores ofrecen ao mercado para cada nivel de prezo.
Se os produtores de Cigalas non conseguisen un prezo o suficientemente elevado como para vivir da súa produción, probablemente buscarían outra actividade.
Do mesmo xeito, o feito de que os capóns teñan unha maior demanda supón que se poden vender a un prezo superior e, polo tanto, máis xente decidirase á súa produción, xa que o beneficio que poden obter é superior a outros posibles produtos e ven unha oportunidade.
Pero hai máis factores que o mero prezo dun ben que afecta á oferta do mesmo. Para poder analizalo imos explicar primeiro o concepto de economía denominado “ceteris paribus”.
CETERIS PARIBUS A oferta dun ben está influída por numerosos factores, esta influencia adóitase medir “céteris páribus”. Esta expresión quere dicir literalmente “o resto permanece igual”. Para analizar a oferta dun ben debemos contemplar os diferentes factores que lle inflúen, pero de maneira illada. |
Hai uns anos producíronse enormes protestas por parte dos produtores de tomates. Debido á importación de tomates desde Marrocos e outras zonas onde é máis barata a man de obra que en España, os produtores de tomates nalgúns casos chegaron á conclusión de que non lles compensaba producilos xa que o prezo de venda era máis baixo có custo de produción e, polo tanto, non gañaban nada. Que pasaría se de repente na Unión Europea establecesen medidas proteccionistas e non deixasen importar tomates? O prezo de venda dos tomates sería maior e máis produtores estarían dispostos a producilos, en consecuencia, a oferta de tomates sería maior.
3.2.1 - Factores que determinan la oferta
Imos a analizar cada un dos diferentes factores que determinan a oferta “ceteris paribus”, e dicir, ailladamente e supoñendo que os outros factores que determinan a oferta dun bien se manteñen constantes.
|
Características da curva de oferta
Para poder determinar a función ou curva de oferta debemos sumar a oferta de cada un dos diferentes vendedores para cada prezo. O que desexamos determinar é a cantidade ofrecida para cada prezo, polo tanto, as variables a considerar serán prezo e cantidade.
Como viamos estas dúas variables flutúan directamente, é dicir, a maior prezo maior cantidade e a menor prezo menor cantidade ofrecida.
![]() |
PPT: A función de oferta
Parece claro que canto maior sexa o prezo de venda dos produtos, maior será a cantidade de empresarios, vendedores en xeral que estarán dispostos a ofrecelo. Poñamos o caso polémico das fresas que España exporta ao resto de Europa. Debido á facilidade de exportalas xa que hai mellores medios de transporte e liberdade de comercio entre as fronteiras da UE, os produtores de fresas poden vendelas no resto de Europa a prezos maiores (a isto contribuíu tamén a facilidade de intercambios de mercancías que provocou a entrada do euro).
Supoñendo que o resto dos factores que afecta á oferta das fresas mantéñense constantes, a maior prezo, os produtores de fresas estarán dispostos a investir no seu negocio para producir máis, ademais outros agricultores que ven que cada vez coa produción de fresas gáñase máis, decidirán cambiar, e por exemplo en vez de producir tantas cebolas, adícanse máis ao mercado das fresas, ou comparten os dous. É dicir, en definitiva, o feito de que o prezo das fresas aumente, supón que a oferta medrará.
Supoñamos que as diferentes cantidades aos diferentes prezos que estarían dispostos a ofrecer os empresarios fosen as seguintes: Para un prezo de 1€ o quilo de fresas, 1.000 quilos; para un prezo de 1,20 €/k, 2.500 quilos; para un prezo de 1,50 €/k, 6.000 quilos; para un prezo de 1,80 euros, 10.000 quilos e para un prezo de 2 €/k 15.000 quilos. Representemos a curva de oferta de fresas:
3.2.2 - Movementos ao longo da curva de oferta e desprazamentos da curva de oferta
As variacións no prezo do ben provoca un movemento ao longo da curva de oferta mentres que variacións doutros factores (coste dos factores, tecnoloxía ou expectativas) provocan un desprazamento de toda a curva de oferta para a dereita ou esquerda en función do seu efecto positivo ou negativo. |
|
Outras ligazóns interesantes sobre o tema:
Movementos ao longo da curva de oferta (eumed.net)
Desprazamentos da curva de oferta (eumed.net)
Que pasaría coa oferta de fresas se o prezo de venda das mesmas pasase de 1,20 a 1,80 euros/k? Pois que se produciría un movemento ao longo da curva de oferta. (Represéntaa gráficamente).
Se resulta que os produtores de fresas ven que poden contratar a traballadores inmigrantes a un prezo menor, é dicir, que o custo dos factores se vexa reducido, para cada prezo estarán gañando máis e polo tanto estarán dispostos a vender maiores cantidades.
É dicir a un prezo de 1 €/k se antes viamos que os produtores están dispostos a ofrecer 1.000 quilos, se resulta que os custos de produción son menores, haberá máis produtores que ofrezan fresas e aos propios produtores de fresas resultaralles máis atractivo o investimento para conseguir unha maior oferta e poderiamos supoñer que ao final se ofrecerían 1.500 quilos. Poderiamos dicir que a 1,20 €/k estarían dispostos a ofrecer 3.500 quilos; a 1,50 €/k 10.000 quilos e a 1,80 €/k 15.000 quilos.
En consecuencia, producirase un desprazamento de toda a curva de oferta para a dereita como consecuencia do efecto positivo que sobre a oferta de fresas fai que o custo da man de obra sexa menor e se obteñan maiores beneficios para cada prezo.