UNIDADE 4 - TIPOS DE MERCADOS

 

0 - INTRODUCIÓN

Tradicionalmente cando se falaba de mercado referiámonos ao lugar (normalmente físico) onde se producía o intercambio de mercancías. Este concepto de mercado evolucionou moito ata a actualidade, onde nos atopamos con diferentes clases de mercados e non necesariamente localizados nun lugar físico senón que cada vez está máis difundido, por exemplo o mercado a través de internet.

Poderiamos realizar múltiples clasificacións de mercados en función de diferentes aspectos, así teriamos:

• segundo a natureza dos bens: mercado de bens e servizos ou mercado de factores
• segundo a intervención do sector público: mercado libre ou intervido
• segundo o coñecemento das condicións de compravenda: mercado transparente ou opaco
• segundo os participantes: aberto ou fechado
• poderiamos facer moitas máis clasificacións pero a que máis nos interesa é a que ten en conta o número de oferentes e demandantes, así como o grao de diferenciación do produto, polo que teriamos:

 

ESTRUTURA

Nº PRODUCTORES E GRAO
DIFERENCIACIÓN DO PRODUCTO

COMPETENCIA PERFECTA

Moitos produtores

Produtos idénticos

COMPETENCIA IMPERFECTA
Competencia monopolística

Moitos produtores

Moitas/algunhas diferencias entre produtos

Oligopolio

Poucos produtores

Poucas diferencias entre produtos

Monopolio

Un solo productor

Non hai diferencias, non hai bos substitutivos

 

Centrarémonos nesta clasificación para explicar o funcionamento dos diferentes tipos de mercados.

Para iso imos seguir o procedemento habitual que pode seguir unha empresa desde que é creada e, polo tanto se pode falar, no caso de ser unha novidade o produto ou servizo ofertado, de monopolio, ata que o mercado, a competencia condúcelle a unha situación próxima á competencia perfecta.

EXEMPLO: LEITEGAL

VIDEO: O mercado e os mercados

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina