UNIDADE 4 - TIPOS DE MERCADOS |
4.1 - MERCADO DE COMPETENCIA PERFECTA
EXEMPLO: LEITEGALO mercado de leite non podemos dicir que pertenza á competencia perfecta, polo menos no que se refire ás empresas que producen leite para a venda ao consumidor final (pensemos en marcas de leite como Central Lechera Asturiana ou Pascual que son as líderes do mercado lácteo en España).
Características do mercado de competencia perfecta:
Características do mercado de competencia perfecta |
|
Vexamos éstas características:
1. Existencia dun elevado número de compradores e vendedores no mercado. |
As cantidades demandadas e producidas por cada un dos axentes do mercado son tan insignificantes que non poden influír nos prezos dos produtos ou servizos, no momento en que unha empresa variase o prezo dos seus produtos non conseguiría colocalos no mercado xa que os consumidores optarían por comprar a outras empresas, doutra banda, os consumidores que intentasen presionar á empresa para que baixasen o prezo, tampouco o conseguirían xa que a súa demanda é insignificante respecto á demanda total.
Polo tanto se di que ambos, produtores e consumidores, son prezo-aceptantes. É dicir, o prezo vén determinado polo mercado. Non teñen ningunha influencia para poder variar o prezo de mercado.
No caso dos gandeiros que producen leite, probablemente non poderán influír no prezo de mercado, xa que este vén dado e saben que non poden esixir máis á empresa que lle compra o leite por que non lle compraría. A produción dun gandeiro é tan insignificante respecto ao total da oferta, que non é relevante para as empresas lácteas e non poden variar o prezo.
Se as empresas produtoras intentasen pagar menos polo leite, non o conseguirían xa que o prezo vén determinado polo mercado. Antes de que se producise o incremento do prezo do leite a finais do ano 2007, os gandeiros galegos recibían 0,29 € por litro de leite. Este prezo estivo en vigor durante uns anos e sabían tanto produtores gandeiros como industria láctea que esta era o prezo de mercado do leite en orixe.
Con estes prezos os gandeiros queixábanse continuamente xa que dicían que non lles chegaba para soportar os custos. A finais de 2007 os gandeiros recibían ao redor de 0,48 € por litro. Cales foron as causas? Pois o aumento do prezo dos cereais, aumento da demanda, limitación da oferta polo sistema de cotas, entre outros.
2. O produto debe ser homoxéneo. |
O produto non se diferencian en nada con respecto a outros produtos ofrecidos polas demais empresas que compoñen o mercado de competencia perfecta. Isto quere dicir que tanto compradores como vendedores deberán ser indiferentes respecto a quen comprar ou vender; en canto exista diferenciación do produto pasariamos a outro tipo de mercado.
As empresas continuamente intentan diferenciar os seus produtos dos das súas empresas competidoras a través da publicidade, introducir modificacións na súa presentación (ej: no leite o envase), etc.
No noso caso, o leite que vende cada un dos gandeiros poderíase considerar idéntica. Esta característica si sería cumprida polo mercado do leite en orixe.
3. O mercado debe ser transparente. |
Existe un coñecemento pleno das condicións xerais do mercado. Os vendedores coñecen o que os compradores están dispostos a pagar, mentres que os demandantes saben a que prezo os oferentes desexan vender. Tamén deben coñecer as características de todos os produtos e a existencia de posibles bens substitutivos.
Os gandeiros coñecen perfectamente o que paga a industria láctea por litro de leite, e a industria láctea coñece perfectamente o que se paga aos gandeiros, coñece os seus custos e as características do produto.
Hai outros mercados que son moito menos transparentes xa que as condicións de mercado coñéceas na súa maioría soamente unha parte dos axentes que interveñen no intercambio. Este é un dos motivos principais de que os mercados sexan na súa maioría de competencia imperfecta, é o que en economía se denomina “INFORMACIÓN ASIMÉTRICA”. Dáse información asimétrica cando unha das partes que participan no intercambio dispón de maior información que a outra acerca das características do produto ou servizo. (Ej: o mercado de seguros, de telecomunicacións, de vivenda, etc; en xeral todos estes mercados son os que teñen un maior número de denuncias por parte dos consumidores).
4. Libre entrada e saída de novas empresas no mercado e libre mobilidade dos recursos produtivos (non existen barreiras de entrada) |
Hai total liberdade de entrada ao mercado de empresas que o desexan, así como liberdade de saída no momento que o desexen. É dicir, non hai barreiras de entrada nin de saída. Isto é pouco habitual en moitos mercados xa que en numerosas ocasións hai determinadas limitacións á instalación de novas empresas nalgúns sectores.
Por exemplo, no caso dos gandeiros, estes ven limitada a súa capacidade de oferta e creación de novas empresas debido á existencia das cotas lácteas, uns máximos de produción impostos pola Unión Europea, algo curioso xa que España é deficitaria na súa produción respecto ao seu consumo interno nun 35% mentres que outros países como Francia son netamente excedentarios.
Funcionamento do mercado de competencia perfecta