OCTAEDRO

 

 

Gráficos tomados do libro La Divina Proporción. Editorial Akal.

Volver

Ir a cubo Ir á interpretación de Platón Ir a icosaedro

 

Do octaedro plano sólido ou oco.
Ir a modelo para montar Ir a modelo para montar
 

O octaedro plano oco ou sólido ten doce liñas, vintecatro ángulos superficiais e seis sólidos e está contido por oito bases triangulares equiláteras e equiángulas, como se nos presenta na súa propia forma material.

 

Do octaedro absciso sólido ou oco.
Ir a modelo para montar Ir a modelo para montar
 

O octaedro absciso ou cortado plano sólido ou oco ten trinta e seis liñas que forman setenta e dous ángulos superficiais, corenta e oito dos cales pertencen ós hexágonos e vintecatro ós cadrados, e contén vintecatro ángulos sólidos e catorce bases, oito das cales son hexagonais, ou sexa, de seis lados, e seis tetragonais, ou sexa, cadradas. Pero vintecatro das mencionadas liñas son comúns ós cadrados e ós hexágonos. Os cadrados están formados a partir dos hexágonos que, en número de oito se tocan de modo uniforme, como nos fai ver claramente o intelecto na súa forma material. Tampouco neste corpo é posible formar o seu elevado de aspecto uniforme por un similar defecto de hexágonos que, como se dixo á mantenta do tetraedro absciso, non pode ocasionar ningún ángulo sólido; e orixínase a partir do precedente por corte uniforme dos seus lados en tres partes.

 

Do octaedro elevado sólido ou oco.
Ir a modelo para montar Ir a modelo para montar
 

O octaedro elevado sólido ou oco ten trinta e seis liñas de igual lonxitude, setenta e dous ángulos superficiais e oito sólidos piramidais e está contido por vintecatro superficies triangulares equiláteras e equiángulas que exactamente o circundan. Pero doce desas liñas son comúns a todos os triángulos das pirámides. Este corpo está composto por oito pirámides lateradas triangulares equiláteras e equiángulas de igual altura, visibles todas exteriormente, ademais do octaedro interior, só perceptible polo intelecto e cuxas bases son bases das mencionadas oito pirámides, como a súa propia forma material pon de manifesto.

 

Ir a cubo Ir á interpretación de Platón Ir a icosaedro

 

   
Gráficos tomados do libro La Divina Proporción. Editorial Akal.